Palco de Carracedo

carracedo caldas de reis xeral (2).jpgcarracedo caldas de reis contorna (1).jpgcarracedo caldas de reis contorna (3).jpg

Carracedo, Caldas de Reis, Pontevedra.

Palco de planta octogonal situado ao carón da igrexa dun cruceiro e cunha fonte nas proximidades.

Chátase nun lateral dun largo asfaltado, acompáñano un par de carballos. Ten tres chanzos para o acceso aproveitando o desnivel, os pes dereitos e a cuberta son metálicos, así como as varandas. A base é de sillería de pedra de granito.

Descoñecemos se se usa.

Palco de Lantaño

btrhdr btr

Lantaño_2019_11_30 detalle (2).jpgLantaño_2019_11_30 detalle (1).jpg

Lantaño, Portas, Pontevedra.

Palco rectangular situado ao carón da igrexa da capela de San Bieito, xusto na traseira do presbiterio, rodeado dunha pequena carballeira no núcleo de San Bieito.

Chátase sobre o muro de peche da carballeira sobre a estrada EP-8004. Ten basamento de pedra, incluso o chan da escea, catro pes de pedra que sosteñen a cuberta, con teito de madeira e cubrición de tella, balaustres de pedra e cadeas uníndoos pechan a escea.

Ten dúas placas que falan da unión de Lantaño coa música.

Descoñecemos se se usa.

Palco da música dos Milagres de Amil

Amil_2019_11_30 detalle (1).jpgAmil_2019_11_30 xeral (1).jpgAmil_2019_11_30 contorna (1).jpg

Amil, Moraña, Pontevedra.

Palco de planta hexagonal situado na carballeira que acompaña ao santuario dos Milagres de Amil.

Ten tres chanzos para o acceso aproveitando o desnivel, o basamento é de cachotería de pedra cunha cornixa de remate, sobre este corpo colocouse unha ampliación que voa do perímetro orixinal realizada en formigón armado, tanto plataforma da escea como a cuberta, remátase cun pirindolo en forma de lira.

Descoñecemos se se usa.

Palco da música de Dornelas, Silleda.

sdr

dav

dav

Dornelas (San Martiño), Silleda, Pontevedra.

Palco octogonal situado nunha encrucillada que serve de largo das festas, acompáñano na contorna un cruceiro, un centro cultural e outro palco (de “tipo” escenario).

Ten base maciza e cubrición sobre estrutura de formigón. Está todo el enfuscado e pintado con elementos decorativos en entrepanos dos laterais da base e nos piares. O material da cuberta é a tella, rematada cun pirindolo de forxa. Ten escaleira de acceso e unha placa cun gravado “UNIÓN PARROQUIAL DE DORNELAS AÑO 1936”. O seu estado de conservación é regular.

Descoñecemos se se usa.

Palco de Gundián.

dav

dav

Gundián, A Ponte Ulla, Vedra, A Coruña.

Palco rectangular situado ao carón da capela de Gundián, no lugar onde se celebra romería no mes de setembro.

Sitúase sobre un forte desnivel, o que permite un aproveitamento baixo a palco. Ten escaleiras corridas na fronte e parede con ocos no fondo, os laterais están pechados por varandas, os pes dereitos e a parede do fondo son de pedra, a cuberta a catro augas ten estrutura de madeira e cubrición de tella. Descoñecemos se se usa.

Palco de Bolaño



Bolaño, Castroverde, Lugo.

Palco octogonal situado na parroquia de Bolaño no concello lugués de Castroverde, na contorna da ponte pola que se chega ao núcleo.

Sitúase nunha encrucillada acaroado a un muro, dende o que se accede.

Ten base maciza de cachotería de pedra, con pés dereitos de forxa para o apoio da cuberta que é de pizarra con teito de madeira pintado en branco, ten unha decoración perimetral a xeito de bandeirolas feita tamén con madeira.

O pirindolo é de pedra. As defensas son de forxa.

Úsase nas festas por grupos de gaiteiros, segundo nos informa o colaborador.

Palco de San Ramón de Bealo



Bealo, Boiro, A Coruña.

Palco hexagonal situado na parroquia de Bealo en Boiro, na contorna da capela de San Ramón.

Sitúase na explanada frontal da capela no largo onde se celebra a romaría.

Ten base maciza de pedra de sillar tosco, con pés dereitos de pedra en cada vértice, en catro dos mesmos aparecen ferraxes.

Ten escaleira de pedra dun tramo recto perpendicular.

Descoñécese se se usa.

Salcidos.

salcidos_2016_09_22_xeral-2
salcidos_2016_09_22_detalle-1
salcidos_2016_09_22_contorna-3

Salcidos (San Lourenzo), A Guarda, Pontevedra.

Palco rectangular con dúas esquinas achafranadas, acaroado ao santuario de San Roque, ocupando o espazo entre a nave principal e o corpo dereito.
Na contorna tamén existe un cruceiro, todo o conxunto ao carón da estrada de entrada á Guarda dende Tui.

O palco ten basamento macizo de cachotería de pedra rematada en cornixa moldurada, sobre a que nacen as varandas tamén de pedra, o seu nivel é continuo, del sobresae a plataforma en dous niveis. Ten acceso mediante escaleiras tamén de pedra.

Descoñécese se se usa.

Recesende

Recesende_2016_08_11 xeral 1
Recesende_2016_08_11 contorna 1
Recesende_2016_08_11detalle 1

Recesende (San Xoan), Teo, A Coruña.

Palco octogonal situado na parroquia de San Xoan de Recesende en Teo.

Situado en paralelo a unha estrada, rodeado por peches de parcelas, compartindo espazo cun cruceiro.

Ten base de ladrillo enfuscada e pintada. Ten un pequeno balcón para o seu acceso, ainda que carece de escaleira, e de espazo para poñela, debido á proximidade dos muros de peche das parcelas.

O seu estado de conservación é malo.

Muros

Muros_2016_07_31_xeral 2
Muros_2016_07_31_detalle 2
Muros_2016_07_31_contorna 2

Muros, Muros, A Coruña.

Palco circular situado no largo Curro da Praza en Muros.

A contorna está formada pola arquitectura tradicional do núcleo, e o porto da localidade, todo nun espazo ben ordeado que segundo unha inscrición foi remodelado no ano 1.989.

Trátase dun palco de basamento realizado en pedra con gran traballo de cantería, de estilo modernista. Con escaleiras de pedra dun só tramo ocupando un tramo entre balaustres da varanda.

Segundo os veciños hai dous anos que non se usa.