Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa, A Coruña

Palco octogonal de pedra situado na praza de Xerardo Fernández Albor, en Vilanova de Arousa.

Ten unha escaleira de pedra e varanda metálica.

A cuberta é metálica e o teito de madeira.

Ten unha praca onde se pode ler: “Esta praza foi inaugurada polo conselleiro de política territorial, obras públicas e vivenda o excmo. sr. D. Alberto Núñez Feijoo, sendo presidente da Xunta de Galicia, o exmo. sr. D. Manuel Fraga Iribarne, Vilanova, Xuño de 2003”

O palco de Blogaliza pecha

Dende o ano 2010, que comezamos a fotografar e catalogar os palcos da música galega, estivemos na casa de Blogaliza.

Agora esta casa pecha. E quedámonos tristeiros, abandonados. O tempo do blogomillo pasou, agora faise definitivo.

(Xa non é tempo de blogs. A liberdade para contar, publicar está moi encauzada… pero iso é outra discusión, que de seguro teremos noutro momento).

Unha aperta inmensa a “goretoxo” Pedro Silva. De seguro que coincidiremos en próximos palcos.

Nós temos que mudarnos. Fixémolo moi a correr para https://palcosdamusicagalegos.wordpress.com/.

Chandebrito

Chandebrito, Nigrán, Pontevedra

Palco de pedra de planta irregular situado no adro da igrexa de San Xosé de Chandebrito.

O palco está pegado a un muro que fai que o palco non sexa octogonal. O propio muro fai de varanda da parte traseira do palco.

A varanda é de pedra. Nun dos laterais ten unhas escaleiras tamén de pedra.

Non ten placas nin inscricións.

O Allo

O Allo, Zas, A Coruña

Pequeno palco de pedra irregular sen barandas, nin teito, localizado a carón do pazo das Torres do Allo. Ten unha escaleira dun par de chanzos, tamén de pedra, nun dos laterais.

Construído no século XVII xunto coa torre sur, as cassas do curro, algúns canastros e foi cando se cercaron as agras. Nesa época xurdíu a romaría de San Ramón. O palco está considerado como palco de gaiteiros e aínda se usaba non hai moito.

Foi restaurado no ano 1999.

Non ten pracas nin inscricións.

Ribadavia

Riadavia, Ribadavia, Ourense

Palco de pedra semicircular de grandes dimensións situado na alameda de Ribadavia.

Ten unha escaleira de pedra por cada lado coa mesma varanda que o palco. Non hai varanda no frontal.

O tellado de chapa está pousado sobre unha estrutura metálica apoiada nos pes dereitos do mesmo material.

Ten teito de madeira e ten instalación eléctrica.

Na parte traseira do escenario hai dous vestiarios.

Non ten placas nin inscricións.

A Mezquita

A Mezquita, A Merca, Ourense

Palco octogonal de pedra situado no adro da igrexa de San Pedro da Mezquita.

Ten a altura do muro onde está integrado, quedando ao nivel do chan no camiño que leva á igrexa.

A varanda é metálica entre os piares de pedra. Debía ter outra varanda porque os piares teñen todos un buraco a media altura. Os piares son tamén octogonais.

Non ten teito. Non ten placas nin inscricións. Non se usa.

Portomarín antigo

Antigo Portomarín, Portomarín, Lugo

Emprazamento da antiga igrexa de Portomaín onde aínda se atopa a base de planta octogonal do palco da música do mesmo feita de ladrillos e formigón á que lle falta a varanda que o bordeaba antigamente tamén do mesmo material.

Pódese acceder cando o encoro de Belesar leva pouca auga.

Rodeiro

Rodeiro, Rodeiro, Pontevedra

Palco de planta octogonal situado na Avd. Gumersindo Areán a carón das piscinas municipais de Rodeiro.

Parece de recencente construcción realizado en pedra con varandas de forxa, teito de chapa e revestido polo interior con madeira e alumeado.

Descoñecese se se utiliza actualmente.