Palco de Gundián.

dav

dav

Gundián, A Ponte Ulla, Vedra, A Coruña.

Palco rectangular situado ao carón da capela de Gundián, no lugar onde se celebra romería no mes de setembro.

Sitúase sobre un forte desnivel, o que permite un aproveitamento baixo a palco. Ten escaleiras corridas na fronte e parede con ocos no fondo, os laterais están pechados por varandas, os pes dereitos e a parede do fondo son de pedra, a cuberta a catro augas ten estrutura de madeira e cubrición de tella. Descoñecemos se se usa.

O Allo

O Allo, Zas, A Coruña

Pequeno palco de pedra irregular sen barandas, nin teito, localizado a carón do pazo das Torres do Allo. Ten unha escaleira dun par de chanzos, tamén de pedra, nun dos laterais.

Construído no século XVII xunto coa torre sur, as cassas do curro, algúns canastros e foi cando se cercaron as agras. Nesa época xurdíu a romaría de San Ramón. O palco está considerado como palco de gaiteiros e aínda se usaba non hai moito.

Foi restaurado no ano 1999.

Non ten pracas nin inscricións.

Palco de Sorribas

Sorribas, Rois, A Coruña

Palco octogonal de pedra situado a carón da rectoral de Sorribas.

Atópase en moi mal estado. Ten unha escaleiras tamén de pedra nun dos seus lados, pegadas ao muro que ten detrás. Dende o palco arranca o via crucis de Sorribas.

Non ten ningunha inscrición nin placa.

Palco de San Ramón de Bealo



Bealo, Boiro, A Coruña.

Palco hexagonal situado na parroquia de Bealo en Boiro, na contorna da capela de San Ramón.

Sitúase na explanada frontal da capela no largo onde se celebra a romaría.

Ten base maciza de pedra de sillar tosco, con pés dereitos de pedra en cada vértice, en catro dos mesmos aparecen ferraxes.

Ten escaleira de pedra dun tramo recto perpendicular.

Descoñécese se se usa.

Santa Cristina de Fecha

santa-cristina-de-fecha_2016_09_09_xeral5

santa-cristina-de-fecha_2016_09_09_contorna4

santa-cristina-de-fecha_2016_09_09_detalle

Santa Cristina de Fecha, Santiago de Compostela, A Coruña

Palco octogonal de pedra situado no adro da capela da nosa señora de Belén, na parroquia de Santa Cristina de Fecha.

Ten escaleira de pedra pegada ao muro e varanda tamén de pedra.

Non ten placas nin inscricións.

Luaña

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-xeral

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-contorna

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-detalle

Luaña, Brión, A Coruña

Podio de pedra semicircular adosado ao peche do campo da festa, con pavimento de pedra e cun plátano plantado no centro -podada a súa copa en forma redondeada-. Accesos laterais mediante dous tramos circulares de escaleiras. Varandas metálicas de malla e tubos de aceiro.

Sen uso (Segundo os veciños as bandas traen hoxe os seus propios palcos, e non se usa)

Está situado no eixo central do campo da festa parroquial, de costas á escola infantil e mirando de frente á fachada da igrexa de san Xulián de Luaña.

Recesende

Recesende_2016_08_11 xeral 1
Recesende_2016_08_11 contorna 1
Recesende_2016_08_11detalle 1

Recesende (San Xoan), Teo, A Coruña.

Palco octogonal situado na parroquia de San Xoan de Recesende en Teo.

Situado en paralelo a unha estrada, rodeado por peches de parcelas, compartindo espazo cun cruceiro.

Ten base de ladrillo enfuscada e pintada. Ten un pequeno balcón para o seu acceso, ainda que carece de escaleira, e de espazo para poñela, debido á proximidade dos muros de peche das parcelas.

O seu estado de conservación é malo.

Oza

Gaiteira_2016_08_10_xeral2

Gaiteira_2016_08_10_detalle3

Gaiteira_2016_08_10_entorno2

Oza, A Coruña, A Coruña

Palco circular de formigón situado na praza da Gaiteira na parroquia de Oza, A Coruña.

A base está formada por unha escaleira circular de formigón. O teito é de formigón con forma cónica e soportado por oito pés dereitos de aceiro.

Non ten pracas nin inscricións.

Liáns

Liáns_2016_08_10_xeral2

Liáns_2016_08_10_detalle

Liáns_2016_08_10_entorno6

Liáns, Oleiros, A Coruña

Palco octogonal de formigón situado na praza de Liáns en Santa Cruz de Oleiros.

Ten varanda metálica igual que a varanda das escaleiras. O teito é de formigón e remata nun pirindolo metálico.

Nos lados laterais da porta pola que se accede ao seu espazo inferior hai un respiradeiro en cada un.

Atópase no espazo central da praza e no lado frontal hai unhas gradas, tamén de formigón.

Non ten pracas nin inscricións.