A Coruña




A Coruña, A Coruña

Palco octogonal situado nos xardíns de Méndez Núñez, ao carón do palacio de Exposicións Kiosco Alfonso.

Ten unhas escaleiras metálicas baixo as cales hai unha porta para acceder á parte de baixo do palco. Nas columnas que suxeitan o teito de madeira aparece a inscripción “MacFarlane & CO. Glasgow”. En cada lateral, agás no que ten a porta, hai unha figura metálica dunha cabeza de león.

Ten unha placa que di: “Este palco de la música fue inaugurado 1-6-85 por el alcalde de Coruña el Exmo Sr. D. Francisco Vázquez Vázquez”

Úsase o día da festa para o concerto da banda de música.

___________

En flickr.