Ares




Ares, Ares, A Coruña

Palco octogonal situado na praza da Constitución en Ares.

Construído no ano 1918 foi remodelado no ano 1951. Agora atópase pintado todo de branco pero antes tiña outras cores. Esta foto é do ano 1985, onde se ven as cores anteriores.

Ten unha placa onde se di: “Débese esta obra a los filántropos Aresanos D. Ángel López Seijas y señora Dª Marina López. Patrocinada por la caja de ahorros de esta villa. Ares 1951”

Non se usa.

Agora mesmo a praza da constitución está en obras. O palco tamén é causa de controversia en Ares. Nesta web o alcalde explica o que quere facer co palco da música e as prioridades que ten para a praza da constitución. Houbo protestas dos veciños para que non se movera o palco do lugar, e ao final mantense na ubicación actual.

___________

En flickr.