Betanzos, A Coruña
Palco da música de planta octogonal situado na Praza dos irmáns García Naviera.
Ten o teito circular e unhas amplas escaleiras. Tamén ten un pequeno xardín que o rodea.
Nun lateral ten unha praca co seguinte texto (en galego, castelán e inglés):
Que se saiba, o primeiro palco de música existente neste mesmo lugar foi un pequeno quiosco construído en 1894, relacionado coas múltiples actividades da vella Academia de Música, constituída en 1852. O deseño actual corresponde a un proxecto de González Villar, de estilo posmodernista, construído entre os anos 1926 e 1930. A súa cor característica, reproducida tamén nas varandas e nos farois das inmediacións do Cantón e da Porta da vila, deu lugar ao afamado cor “verde Betanzos”, un dos moitos e curiosos sinais de indentidade da nosa cidade.
Non se usa.
No apartado de Bibliografía pódese ver un estudo sobre o Palco da música de Betanzos.
___________