Luaña

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-xeral

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-contorna

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-detalle

Luaña, Brión, A Coruña

Podio de pedra semicircular adosado ao peche do campo da festa, con pavimento de pedra e cun plátano plantado no centro -podada a súa copa en forma redondeada-. Accesos laterais mediante dous tramos circulares de escaleiras. Varandas metálicas de malla e tubos de aceiro.

Sen uso (Segundo os veciños as bandas traen hoxe os seus propios palcos, e non se usa)

Está situado no eixo central do campo da festa parroquial, de costas á escola infantil e mirando de frente á fachada da igrexa de san Xulián de Luaña.

Os Ánxeles

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 XERAL

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 CONTORNO

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 DETALLE

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 DETALLE2

Os Ánxeles, Brión, A Coruña

Palco de música de planta pentagonal irregular; fronte con dous piares, varanda e gardamalletas de fundición, todo pintado de cor azul; cuarto traseiro de pedra a xeito de camerino con acceso directo dende o escenario; e cuberta a cinco augas con tella curva. Todo elevado sobre un murete de pedra e con accesos laterais por medio de dúas escalinatas de pedra.

Palco aberto únicamente na súa fronte ao campo da festa dos Ánxeles, adosado ao muro de cerre da alameda e lindando tamén co adro da igrexa parroquial. Actualmente mantense en uso.

Brión





San Fiz de Brión, Brión, A Coruña

Palco rectangular situado na carballeira de Santa Nimia, en Pedrouzos, Brión.

Ten unhas escaleiras a cada lado do palco. O teito é de cristal soportado con estrutura metálica. As partes metálicas son de cor vermella, da mesma cor que a varanda metálica do outro palco da música de Brión.

Non ten ningunha placa.

Na carballeira, que se atopa ao lado da ermida de Santa Nimia, tamén hai un lavadoiro.

___________

En flickr.

Brión




San Fiz de Brión, Brión, A Coruña

Palco octogonal situado ao lado da ermida de Santa Minia, na parroquia de San Fiz de Brión, no lugar de Pedrouzos.

Non ten teito nen placa identificativa. Ten varanda metálica de color vermella, da mesma cor que a usada no outro palco de Brión, que se atopa na carballeira xusto ao lado da ermida.

Neste vídeo pódese ver a distancia entre os dous palcos de Brión no entorno da ermida e a carballeira de Santa Nimia.

___________

En flickr.