Santa Cristina de Fecha

santa-cristina-de-fecha_2016_09_09_xeral5

santa-cristina-de-fecha_2016_09_09_contorna4

santa-cristina-de-fecha_2016_09_09_detalle

Santa Cristina de Fecha, Santiago de Compostela, A Coruña

Palco octogonal de pedra situado no adro da capela da nosa señora de Belén, na parroquia de Santa Cristina de Fecha.

Ten escaleira de pedra pegada ao muro e varanda tamén de pedra.

Non ten placas nin inscricións.

Laraño

Laraño_2016_07_11_xeral 1
Laraño_2016_07_11_detalle 3
Laraño_2016_07_11_contorna 3

Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña.

Palco cadrado oitavado situado no campo de festas da parroquia santiaguesa de Laraño.

A contorna está formada pola igrexa, varias vivendas de arquitectura tradicional e un cruceiro, todo nun espazo ben ordeado que segundo unha incrición foi remodelado no ano 1.995.

Trátase dun palco de basamento enfuscado, sen pintar. Con escaleiras de pedra dun só tramo que aproveitan o desnivel para o acceso. A varanda é de forxa.

Segundo os veciños úsase en moi poucas ocasións.

Alameda de Santiago de Compostela


Alameda, Santiago de Compostela, A Coruña.

Palco octogonal situado na alameda de Santiago de Compostela.

O seu estado de conservación é moi bo. Presenta unha gran riqueza ornamental nos seus elementos de forxa.

O entorno é tamén moi bo.

Non ten placa ou inscricións.

San Paio de Sabugueira




San Paio de Sabugueira, Santiago de Compostela, A Coruña

Palco de planta dodecagonal que remata na súa parte dianteira de maneira redondeada a través dunhas escaleiras. Situado no lugar de Lavacolla na parroquia de San Paio de Sabugueira.

Atópase na parte de inferior baixando polas escaleiras que veñen da igrexa de San Paio de Sabugueira.

O palco está aberto na súa parte dianteira. O teito segue a mesma forma da planta, sendo descuberto na parte das escaleiras.

Construído no ano 1990 ten dúas placas. Nunha pódese ler: “O día 22 de decembro de 1990 o alcalde de Santiago de Compostela Ilmo. Sr. D. Xerardo Estévez Fdez. inaugurou o palco da música e o local social de Lavacolla”.

___________

En flickr.

Santa María da Peregrina




santa_maria_da_peregrina_2016_01_16_detalle2

Santa María da Peregrina, Santiago de Compostela, A Coruña

Palco octogonal, sen teito, situado na carballeira ao lado da igrexa de Santa María da Peregrina, en Santiago de Compostela.

Nun dos laterais aparece gravado na pedra a data “1928”, ano da súa construcción.

Na mesma carballeira atópase un cruceiro.

___________

En flickr.