Palco de Gundián.

dav

dav

Gundián, A Ponte Ulla, Vedra, A Coruña.

Palco rectangular situado ao carón da capela de Gundián, no lugar onde se celebra romería no mes de setembro.

Sitúase sobre un forte desnivel, o que permite un aproveitamento baixo a palco. Ten escaleiras corridas na fronte e parede con ocos no fondo, os laterais están pechados por varandas, os pes dereitos e a parede do fondo son de pedra, a cuberta a catro augas ten estrutura de madeira e cubrición de tella. Descoñecemos se se usa.

Vedra

Vedra_20160725_xeral 2
Vedra_20160725_contorna 2
Vedra_20160725_detalle 11

Vedra, Vedra, A Coruña.

Palco octogonal de grandes dimensións, situado na parroquia de Santa Eulalia de Vedra no propio concello do mesmo nome.

Situado nun amplo campo de festas remozado no ano 1999 ao carón da igrexa parroquial, un cruceiro, cemiterio e camiño de acceso con cruces (viacrucis).

Está todo enfuscado e con acabado pintado. A cuberta é campaniforme e coroada por pirindolo, o teito é plano. A varanda está feita con tubos metálicos. Actualmente está pintado con cores azul, gris e branco, a cuberta está pintada en cor vermella.

Obsérvase que tivo instalación eléctrica. O seu estado de conservación é regular.

Descoñécese se se usa.

San Xián de Sales

San Xian de Sales_2015_08_11_contorna 2 San Xian de Sales_2015_08_11_detalle 1 San Xian de Sales_2015_08_11_xeral 1

San Xián de Sales, Vedra, A Coruña.

Palco octogonal situado na parroquia de San Xián de Sales en Vedra.

Situado nun lateral do campo da festa enmarcado entre dous falsos plátanos. Na súa contorna están a igrexa parroquial con cruceiro, unha escola, a sede da “SOCIEDAD AGRÍCOLA UNIÓN Y PROGRESO DE SAN JULIÁN DE SALES” datada en 1924, e un palco máis moderno enfrontado a el e co que comparte o campo da festa.

Está todo enfuscado e con acabado pintado. A cuberta é campaniforme e coroada por pirindolo, o teito é plano. A varanda ten como motivo dous peixes que portan coas súas bocas unha lira, similar ao de Sarandón no mesmo concello.

Actualmente está pintado con cores beige e marrón, anteriormente estaba pintado con cores branca, azul e granate.

Descoñécese se se usa. O seu estado de conservación é bo.

Sarandón

Sarandón_20150712_xeral 1 Sarandón_20150712_detalle 1 Sarandón_20150712_entorno 1

Sarandón (San Miguel de), Vedra, A Coruña.

Palco octogonal situado na parroquia de San Miguel de Sarandón en Vedra.

Situado na contorna da igrexa da parroquia, nun lateral do campo da festa ocupando unha posición elevada respecto do mesmo, construído en substitución dos dous que existían no lugar.
Ten base enfuscada e pintada con esquinas e cornisa de pedra serrada. A estrutura da cuberta é de pés de fundición e entramado de perfiles cadrados de aceiro,
a cubrición é de vidro e coroa o palco unha lira. A varanda é a mesma que existía nos palcos anteriores, e ten como motivo dous peixes que portan coas súas bocas unha lira.
As cores usadas no palco (beige e granate) son as mesmas dos palcos que había no lugar.

No lateral sur do campo de festas existe outro palco, rectangular e de grandes dimensións.

Descoñécese se se usa.