San Xián de Sales

San Xian de Sales_2015_08_11_contorna 2 San Xian de Sales_2015_08_11_detalle 1 San Xian de Sales_2015_08_11_xeral 1

San Xián de Sales, Vedra, A Coruña.

Palco octogonal situado na parroquia de San Xián de Sales en Vedra.

Situado nun lateral do campo da festa enmarcado entre dous falsos plátanos. Na súa contorna están a igrexa parroquial con cruceiro, unha escola, a sede da “SOCIEDAD AGRÍCOLA UNIÓN Y PROGRESO DE SAN JULIÁN DE SALES” datada en 1924, e un palco máis moderno enfrontado a el e co que comparte o campo da festa.

Está todo enfuscado e con acabado pintado. A cuberta é campaniforme e coroada por pirindolo, o teito é plano. A varanda ten como motivo dous peixes que portan coas súas bocas unha lira, similar ao de Sarandón no mesmo concello.

Actualmente está pintado con cores beige e marrón, anteriormente estaba pintado con cores branca, azul e granate.

Descoñécese se se usa. O seu estado de conservación é bo.