Portomarín antigo

Antigo Portomarín, Portomarín, Lugo

Emprazamento da antiga igrexa de Portomaín onde aínda se atopa a base de planta octogonal do palco da música do mesmo feita de ladrillos e formigón á que lle falta a varanda que o bordeaba antigamente tamén do mesmo material.

Pódese acceder cando o encoro de Belesar leva pouca auga.

Cartelos

Cartelos, Carballedo, Lugo

Palco realizado a dobre altura en bloque con planta octogonal con columnas de formigón e tellado de chapa.

Varanda de metal e cunha pranta baixa con uso descoñecido.

Non posúe alumeado e descoñecese o uso actual que ten.

Está situado a carón da igrexa de Santo Estebo de Cartelos.

Palco de Bolaño



Bolaño, Castroverde, Lugo.

Palco octogonal situado na parroquia de Bolaño no concello lugués de Castroverde, na contorna da ponte pola que se chega ao núcleo.

Sitúase nunha encrucillada acaroado a un muro, dende o que se accede.

Ten base maciza de cachotería de pedra, con pés dereitos de forxa para o apoio da cuberta que é de pizarra con teito de madeira pintado en branco, ten unha decoración perimetral a xeito de bandeirolas feita tamén con madeira.

O pirindolo é de pedra. As defensas son de forxa.

Úsase nas festas por grupos de gaiteiros, segundo nos informa o colaborador.

Lanzós

Lanzós, Vilalba, Lugo

Palco hexagonal situado no barrio do Adro en Lanzós, no mesmo lugar que a Casa-Escola de Lanzós de construción habanera rematado en 1921.

Tanto a base como as escaleiras son enfuscadas. Os pés dereitos son de pedra e a cuberta remata en peto.

O palco péchase por tres dos lados traseiros e ten tres alturas.

Non ten pracas nin inscricións.

Ao lado ten un cruceiro. Atópase preto da igrexa de San Martiño de Lanzós e do cemiterio.

Arante

palco-da-ponte-2016-11-17-xeral

palco-da-ponte-2016-11-17-contorna

palco-da-ponte-2016-11-17detalle

Arante, Ribadeo, Lugo

Palco de planta hexagonal sen cuberta, adosado ao testeiro da ábside da igrexa de Nosa Señora das Virtudes da Ponte. Podio de pedra macizo e varanda con perfil de aceiro. Acceso lateral mediante rampa.

Está situado no lugar da Ponte, adosado á parte posterior da capela, xunto á ponte que lle dá o nome á aldea e que cruza o rego Lexoso.

Ribeiras de Lea

Ribeiras de Lea_2016_07_12_xeral2

Ribeiras de Lea_2016_07_12_detalle2

Ribeiras de Lea_2016_07_12_entorno

Ribeiras de Lea, Castro de Rei, Lugo

Palco octogonal enfuscado situado a carón da igrexa de San Xoán de Ribeiras de Lea, na praza García Abad.

Ten cuberta de pizarra e escaleiras de formigón.

A varanda tamén é enfuscada.

Xusto ao lado hai un parque infantil.

Non ten placas nin inscricións.

Merlán

MERLAN_2016_07_04_XERAL

MERLAN_2016_07_04_CONTORNA

MERLAN_2016_07_04_DETALLE

Merlán, Chantada, Lugo

Construción de planta octogonal composta por un zócalo de pedra con entrepanos rectangulares e cornisa de remate; dende un dos seus lados arranca a escaleira frontal de acceso cun único tramo; plataforma superior protexida con varanda metálica.

Descoñécese se segue en uso.

Está situado ao carón da capela de San Cibrao e da vella escola, no campo da festa rodeado de castiñeiros centenarios.

Os Remedios, Mondoñedo

Os Remedios_16_06_12_xeral 3
Os Remedios_16_06_12_contorna 2
Os Remedios_16_06_12_detalle 4

Os Remedios, Mondoñedo.

Palco octogonal situado no longo arborado ao carón da igrexa dos Remedios, na parroquia do mesmo nome, no concello de Mondoñedo.

O seu estado de conservación é regular, presenta oxidación do material de cuberta e bótase en falta o lambrequín que sabemos que posuía vendo fotos do palco existentes na rede.

Ten basamento de pedra, escaleira dobre paralela do mesmo material. Ten estrutura e varandas de fundición.

A cuberta campaniforme remátase con pirindolo con forma de lira. Polo interior ten teito plano de madeira.

Ten iluminación conformada por unha lámpada central e oito nas metades de cada lado

Descoñécese se se usa.

Esporiz (San Miguel)

Esporiz_2016_06_06_xeral 2
Esporiz_2016_06_06_contorna 1
Esporiz_2016_06_06_detalle 2

Esporiz, Monterroso, Lugo.

Palco octogonal situado na Praza do Alcalde da localidade luguesa de Monterroso.

Componse dun basamento de pedra, con escaleira do mesmo material.

Pés dereitos e estrutura de cuberta metálicas. As varandas son de forxa, no centro de cada tramo hai un detalle de tres follas de carballo.

A cuberta é de chapa metálica, polo interior ten un teito de madeira, só parcialmente.

Ten un punto de iluminación central.

O seu estado de conservación é bo.

Descoñécese se se usa.

Viveiro

Viveiro_2016_04_21_xeral3

Viveiro_2016_04_21_detalle4

Viveiro_2016_04_21_entorno

Viveiro, Viveiro, Lugo

Palco octogonal de pedra localizado na travesía da Mariña, de Viveiro.

Ten teito de madeira con instalación eléctrica

Ten unha dobre escaleira tamén de pedra coa mesma varanda de forxa que a do palco.

Ten unha porta para o acceso ao seu interior.

Na placa pode lerse: “Ministerio de medio ambiente. Dirección general de costas. Fachada marítima de Viveiro. Viveiro 2007”