Praza Maior, Lugo.

Lugo 2_2016_03_15_xeral 1
Lugo 2_2016_03_15_contorna 1
Lugo 2_2016_03_15_detalle 5

Praza Maior, Lugo.

Palco octogonal situado na parte baixa da Praza Maior da cidade de Lugo.

Componse dun basamento de pedra, pés dereitos de fundición que rematan en ménsula cara o aleiro e que se unen con trabe de coroación ornamentada.

A cuberta campaniforme ou de influencia francesa amansardada, cúbrese con cinc, ten teito de madeira pintado en branco polo interior con zonas planas
e zonas inclinadas, do que colgan de xeito perimetral as lámpadas para a iluminación.

Ten unha escaleira de dobre tramo para o acceso, respiradeiros laterais do espazo inferior da base e unha porta de acceso a este camuflado coa cantería.

O seu estado de conservación é bo.

Descoñécese se se usa.

Parque de Rosalía de Castro. Lugo.

Lugo_2016_03_15_xeral 1
Lugo_2016_03_15_contorna 2
Lugo_2016_03_15_detalle 1

Lugo, Lugo, Parque de Rosalía de Castro.

Palco de base circular situado no Parque Rosalía de Castro da cidade de Lugo, no barrio de Recatelo. Ocupa dentro do parque un espazo propio, centrado no mesmo e rodeado de paseos e arborado.

Composto dun basamento que se presenta enfuscado en diversos tratamentos e pintado. Sobresaen oito contrafortes dos que nacen na altura da varanda outros tantos pés para o arranque das columnas de fundición que soportan a cuberta que si ten base octogonal. A cuberta atópase a medio camiño entre ser piramidal ou pola pendente variable case unha pagoda, con cubrición de pizarra e tella nas limas. A varanda é de fundición, así coma a trabe de coroación decorada. Destacan o teito de madeira e a iluminación, central e perimetral.

O seu estado de conservación é bo.

Descoñécese se se usa.