Praza Maior, Lugo.
Palco octogonal situado na parte baixa da Praza Maior da cidade de Lugo.
Componse dun basamento de pedra, pés dereitos de fundición que rematan en ménsula cara o aleiro e que se unen con trabe de coroación ornamentada.
A cuberta campaniforme ou de influencia francesa amansardada, cúbrese con cinc, ten teito de madeira pintado en branco polo interior con zonas planas
e zonas inclinadas, do que colgan de xeito perimetral as lámpadas para a iluminación.
Ten unha escaleira de dobre tramo para o acceso, respiradeiros laterais do espazo inferior da base e unha porta de acceso a este camuflado coa cantería.
O seu estado de conservación é bo.
Descoñécese se se usa.