Os Remedios, Mondoñedo.
Palco octogonal situado no longo arborado ao carón da igrexa dos Remedios, na parroquia do mesmo nome, no concello de Mondoñedo.
O seu estado de conservación é regular, presenta oxidación do material de cuberta e bótase en falta o lambrequín que sabemos que posuía vendo fotos do palco existentes na rede.
Ten basamento de pedra, escaleira dobre paralela do mesmo material. Ten estrutura e varandas de fundición.
A cuberta campaniforme remátase con pirindolo con forma de lira. Polo interior ten teito plano de madeira.
Ten iluminación conformada por unha lámpada central e oito nas metades de cada lado
Descoñécese se se usa.