Santa Xertrude de Samos, Samos, Lugo
Palco situado entre a rúa da Torre e a estrada LU-633 en fronte do Concello de Samos.
Ten o frontal semicircular, sendo irregular o resto por estar integrado coa beirrarúa que sube en rampa ata o palco e continua por unha pasaxe cuberta a través dunha porta con dintel branco. Esta pasaxe leva ata dúas casas e unha horta.
Ten varanda enfuscada que se alonga pola rampa cara á beirarrúa.
Ten unha inscrición na que se le: “Palco municipal. 1953”
Atópase no Camiño Francés de Santiago. No mesmo lugar hai unha fonte pública e a torre do reloxo procurando unha unidade na estética