Vilalba




Vilalba, Vilalba, Lugo

Palco octogonal situado na Praza da Constitución. De construcción recente (uns 8 ou 9 anos), pola remodelación da praza, substitúe a outro que había na mesma praza pero situado noutra ubicación.

O palco ten un lado aberto por completo e ten unha fonte de auga a cada lado. Ten o teito de madeira e posúe instalacións eléctrica.

O palco que había antes tiña as varandas de forxado de ferro, que agora se atopan na tribuna do campo de fútbol. Comentan: “Non sei como deixaron facer iso co palco antigo”.

Úsase os días da festa para o concerto da banda da música ou para as charangas do entroido.

___________

En flickr.