Ribadavia

Riadavia, Ribadavia, Ourense

Palco de pedra semicircular de grandes dimensións situado na alameda de Ribadavia.

Ten unha escaleira de pedra por cada lado coa mesma varanda que o palco. Non hai varanda no frontal.

O tellado de chapa está pousado sobre unha estrutura metálica apoiada nos pes dereitos do mesmo material.

Ten teito de madeira e ten instalación eléctrica.

Na parte traseira do escenario hai dous vestiarios.

Non ten placas nin inscricións.

A Mezquita

A Mezquita, A Merca, Ourense

Palco octogonal de pedra situado no adro da igrexa de San Pedro da Mezquita.

Ten a altura do muro onde está integrado, quedando ao nivel do chan no camiño que leva á igrexa.

A varanda é metálica entre os piares de pedra. Debía ter outra varanda porque os piares teñen todos un buraco a media altura. Os piares son tamén octogonais.

Non ten teito. Non ten placas nin inscricións. Non se usa.

Vilanova dos Infantes

Vilanova dos Infantes_2016_05_27_xeral4

Vilanova dos Infantes_2016_05_27_detalle4

Vilanova dos Infantes_2016_05_27_entorno5

Vilanova dos Infantes, Celanova, Ourense

Palco con base octogonal de pedra, columnas e varanda de formigón pintado en cor branca con adornos en forma de lira en cor granate. Ten o teito de madeira revestido con tella do país.

Atópase situado nunha alameda a carón da estrada nacional 525 que o separa do templo da Virxe do Cristal e aos pes da vila medieval de Vilanova dos Infantes.

Carece de acceso fixo polo que se supón que se accede a el pola porta de forxa situado nun dos laterais por medio duna escaleira desmontable.

Tamén obsevamos una porta situada na base do mesmo do que se descoñece o seu uso.

Non atopamos pracas nin inscripcións e descoñecese se ten uso na actualidade.

Soutomaior

Soutomaior_2016-05-26_xeral3

Soutomaior_2016-05-26_detalle

Soutomaior_2016-05-26_entorno2

Soutomaior, Taboadela, Ourense

Palco de pedra con base rectangular e varanda metálica situado a carón da igrexa de Soutomaior.

Na sua contorna tamén se atopa un cruceiro e un eucalipto chamativo debido ao seu gran tamaño.

Carece de pracas ou inscripcións, e atópase situado no lateral do torreiro de Soutomaior.

Descoñécese se ten uso.

Vilar de Flores

Vilar de flores_dereita_2016_05_25_xeral3
Vilar de flores_esquerda_2016_05_25_xeral3
Vilar de flores_esquerda_2016_05_25_detalle
Vilar de flores_conxunto_2016_05_25_entorno
Vilar de flores_conxunto_2016_05_25_entorno3

Os Espiñeiros, Allariz, Ourense

No adro do santuario da Nosa Señora de Vilar de Flores hai dous palcos iguais con base octogonal de pedra con varanda metálica. Están integrados no muro no que están apoiados, que tamén serve de asento.

A varanda ten unha porta da mesma forma e material.

Teñen unha escaleira de pedra de tres chanzos.

Os palcos sobresaen do muro onde están apoiados.

No palco situado á esquerda da entrada principal do santuario atópase unha data gravada na pedra (ANO 1915).

Antigamente cada 15 de agosto, e con motivo das festas patronais, tocaban duas bandas de música.

Descoñecese se se usa.

Corvillón

Corbillón_2016_05_24_Xeral

Corbillón_2016_05_24_Detalle

Corbillón_2016_05_24_Entorno2

Corvillón, A Merca, Ourense.

Palco de planta octogonal de pedra con varanda do mesmo material coa base situada a carón da estrada.

Pegado a un dos seus laterais situase un banco tamén de pedra.

Perto do palco atópase un cruceiro e ambos elementos completan o conxunto que se atopa perto da igrexa de Sta María de Corvillón.

Accédese ao mesmo a través de tres escalóns de pedra situados ao nivel da beirarrúa.

Non ten placas nen inscricións.

Descoñécese se se usa.

Astureses

Astureses_2016_02_21_Xeral2

Astureses_2016_02_21_Detalle

Astureses_2016_02_21_Entorno3

Astureses, Boborás, Ourense

Palco hexagonal de pedra situado na carballeira que se atopa a carón da ermida da Saleta.

Ten unha escaleira de chapa metálica con varanda completamente integrada coa varanda do palco.

Ten unha porta metálica para acceder á parte baixa.

Non ten teito. Non ten placas nin inscricións.

Carballiño

Carballiño_2016_02_21_Xeral

Carballiño_2016_02_21_Detalle2

Carballiño_2016_02_21_Entorno2

Carballiño, Carballiño, Ourense

Palco octogonal de pedra situado no parque municipal do Carballiño, ao lado do río Arenteiro.

Ten dúas escaleiras para acceder ao palco tamén de pedra sen varandas.

Atópase entre dúas alturas e na parte alta hai unha pista de formigón.

Ten o teito de madeira e non posúe placas nin iscricións.

Nun dos laterais ten unha porta metálica para acceder ao interior, e noutro lateral ten dúas.

Oseira

Oseira_2016_02_21_Xeral

Oseira_2016_02_21_Detalle4

Oseira_2016_02_21_Entorno

Oseira, Cea, Ourense

Palco octogonal de pedra situado no campo parroquial do Casledo, en Oseira.

As columnas de forxa soportan o teito de madeira con tellado de tella. Ten instalación eléctrica.

As escaleiras están nun lateral e introdúcense cara dentro do palco.

Ten respiradoiros tanto nos laterais como no chan do palco.

No lateral oposto ás escaleiras ten unha porta metálica para o acceso á parte de abaixo do palco.

Ao carón do campo parroquial pasa o rio Oseira. No mesmo lugar hai un cruceiro.

Non ten placas nin inscricións, aínda que na entrada do campo parroquial pode lerse:

“Os veciños da parroquia de Oseira a tódolos organismos e persoas que posibilitaron a remodelación do campo. Oseira, 21 xuño 1992”
“Campo parroquial do Casledo. Concello de Cea, Oseira. 1992”