Sobrado do Bispo, Barbadás, Ourense
Palco octogonal de pedra situado ao carón da capela de San Xoán en Sobrado do Bispo.
Ten unha columna de pedra en cada esquina unidas por unha varanda metálica. Ten dous chanzos de pedra para subir ao palco. En tres das esquinas hai unha falsa acacia.
Non ten placas nin inscricións.
No mesmo lugar hai tamén un cruceiro.
Úsase os días de festa.