Salcidos (San Lourenzo), A Guarda, Pontevedra.
Palco rectangular con dúas esquinas achafranadas, acaroado ao santuario de San Roque, ocupando o espazo entre a nave principal e o corpo dereito.
Na contorna tamén existe un cruceiro, todo o conxunto ao carón da estrada de entrada á Guarda dende Tui.
O palco ten basamento macizo de cachotería de pedra rematada en cornixa moldurada, sobre a que nacen as varandas tamén de pedra, o seu nivel é continuo, del sobresae a plataforma en dous niveis. Ten acceso mediante escaleiras tamén de pedra.
Descoñécese se se usa.