Arbo

Arbo_2015_04_04_Xeral

Arbo_2015_04_04_Entorno2

Arbo_2015_04_04_Detalle3

Arbo_2015_04_04_Detalle

Arbo, Arbo, Pontevedra

Palco circular de pedra situado no campo da festa, ao lado do concello e do centro médico, onde tamén hai unha área infantil.

Ten o tellado de pizarra e o teito de madeira. Ten unha dobre escaleira de pedra.

Ten unha placa onde se pode ler: “Este palco, fue iniciada su construcción en al año 1965, siendo alcalde el Ilmo. Sr. D. Igancio Vieytez González y finalizado e inaugurado en la festividad de San Roque por el alcalde don Manuel Rivera Domínguez. Arbo, 16 Agosto 1998”

“O palco case non se usa, só na festa de San Roque, que sube a banda de música. Antes estaba situado no outro lado, onde están agora as escaleiras, e puxéronlle novas as escaleiras de pedra. En Arbo só hai este palco e o da igrexa, que o remodelou un home cunha promesa. Antes había máis noutras parroquias. Aínda hai pouco que lle arranxaron un lado do teito.”

Dedúcese que o palco se construiu no ano 1965 e no ano 1998 o mudaron de lugar.

Arbo

Arbo_igrexa_2015_04_04_Xeral

Arbo_igrexa_2015_04_04_Detalle4

Arbo_igrexa_2015_04_04_Entorno2

Arbo, Arbo, Pontevedra.

Palco hexagonal de pedra con varandas de ferro e teito de madeira situado ao lado da igrexa de Santa María de Arbo.

Non ten placas identificativas.

En Arbo hai outro palco que “é máis ou menos do mesmo tempo que este, só que este estaba a caer e foi restaurado con pedra nova que non ten que ver co que había antes.”

“Sube a banda de música no día da festa de San Benito”

Ten un desnivel de terra polo que se pode acceder ao palco facilmente.