San Cibrán de Ribarteme

San Cibrán de Riberteme_2015_11_12_xeral 1
San Cibrán de Riberteme_2015_11_12_detalle 1
San Cibrán de Riberteme_2015_11_12_contorna 2

San Cibrán de Ribarteme, As Neves, Pontevedra.

Palco octogonal situado no campo de festas, xusto no linde coa estrada, e compartindo espazo cun palco escenario.

O torreiro está nas proximidades da igrexa, camposanto, peto de ánimas e un cruceiro de gran entidade.

Aínda con todos estes elementos arquitectónicos, algúns aspectos de urbanización como mobiliario e pavimentación fan que a contorna se viualice como degradada.

A base do palco é de pedra con esuinas apilastradas, con entrada ao seu espazo inferior e ocos de ventilación nos laterais.

A estrutura de cuberta e os pés dereitos son de formigón pintado de branco. A varanda é de forxa pintada en cor negra con liras decorativas en caras alternas.

O seu estado de conservación é bo.

Descoñécese se se usa.

Vide

Vide, As Neves, Pontevedra.

Palco cadrado oitavado situado no campo de festas.

O seu estado de conservación é bo. A acometida eléctrica debería ser oculta.

Existe no mesmo espazo outro palco de características máis recentes.

O entorno é bo, a capela a arquitectura civil e a vexetación completan o conxunto. Aspectos a mellorar: a pavimentación e os tendidos de instalacións aéreas.

Non ten elementos singulares nin placas. Hai unha escultura con dedicatoria diante do palco.

Liñares, As Neves




Liñares, As Neves, Pontevedra

Palco octogonal situado nun dos extremos da praza do barrio da Igrexa.

Ten unha inscripción do ano 1932, que posiblemente sexa a de construcción.

É todo de cemento, e os veciños lémbrano sempre así. Hai pouco que se lle puxeron as tellas no teito. Ten unhas escaleiras pegadas ao propio palco. Ten instalación eléctrica.

Atópase na praza da igrexa e ten un cruceiro ao lado.

Non se usa.
___________

En flickr.