San Cibrán de Ribarteme

San Cibrán de Riberteme_2015_11_12_xeral 1
San Cibrán de Riberteme_2015_11_12_detalle 1
San Cibrán de Riberteme_2015_11_12_contorna 2

San Cibrán de Ribarteme, As Neves, Pontevedra.

Palco octogonal situado no campo de festas, xusto no linde coa estrada, e compartindo espazo cun palco escenario.

O torreiro está nas proximidades da igrexa, camposanto, peto de ánimas e un cruceiro de gran entidade.

Aínda con todos estes elementos arquitectónicos, algúns aspectos de urbanización como mobiliario e pavimentación fan que a contorna se viualice como degradada.

A base do palco é de pedra con esuinas apilastradas, con entrada ao seu espazo inferior e ocos de ventilación nos laterais.

A estrutura de cuberta e os pés dereitos son de formigón pintado de branco. A varanda é de forxa pintada en cor negra con liras decorativas en caras alternas.

O seu estado de conservación é bo.

Descoñécese se se usa.