Vide, As Neves, Pontevedra.
Palco cadrado oitavado situado no campo de festas.
O seu estado de conservación é bo. A acometida eléctrica debería ser oculta.
Existe no mesmo espazo outro palco de características máis recentes.
O entorno é bo, a capela a arquitectura civil e a vexetación completan o conxunto. Aspectos a mellorar: a pavimentación e os tendidos de instalacións aéreas.
Non ten elementos singulares nin placas. Hai unha escultura con dedicatoria diante do palco.