Baiona, Pontevedra.
Palco octogonal situado na alameda entre a rúa Arquitecto Jesús Valverde e a rúa de Ramón y Cajal, ao carón do Parador de Baiona.
Ten teito de madeira e dúas pracas nas que se di:
“Donativo de D. Angel Bedriñana. 1927”
“Restaurado polo concello de Bayona e a C.O.T.O.P. da Xunta de Galicia. 1991”
Nas columnas de ferro aparece escrito “Tuy. Talleres El Águila”.
Nas varandas aparecen carabelas onde normalmente se poñen liras.
___________
En flickr.