Aldán, Cangas, Pontevedra
Palco de pedra octogonal situado ao carón da capela de Santo Amaro en Menduíña, Aldán.
Está soportado por oito columnas nas esquinas e unha central. Ten unhas escaleiras feitas tamén con pedra que se atopan en mal estado.
No adro da capela tamén se atopa un cruceiro e unha casa das Ánimas ou “Casa das Velas”.