Borela

Borela, Cerdedo-Cotobade, Pontevedra.

Palco hexagonal de pedra, situado sobre unha base cadrada, tamén de pedra, situado no desnivel a carón do adro da capela de San Roque, no lugar de Pazos. A varanda é de pedra.

Ten unha escaleira de tres chanzos de pedra sen varanda.

Non ten placa, nen gravado.

Caroi

Caroi_2016_02_19_xeral
Caroi_2016_02_19_detalle
Caroi_2016_02_19_entorno

Caroi, Cerdedo-Cotobade, Pontevedra

Palco de pequenas dimensións de pedra, octogonal, situado a carón da ermida do Neno Xesús, en Caroi, Cotobade.

Ten unha escaleira de 2 chanzos de pedra pola parte de atrás e unha varanda de ferro.

Non ten placas nin inscricións.

Carballeira dos santos Xusto e Pastor

San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade, Pontevedra.

Palcos hexagonal e rectangular de dobre altura, ambos de basamento de pedra, ubicados a escasos metros un do outro no entorno da carballeira dos Santos Xusto e Pastor, onde se realiza unha romería.

Os seus estados de conservación son bos. Pese ás diferencias formais, que nos indican distintas datas de construción, os sistemas constutivos son similares.

O entorno da carballeira é excelente. No entorno hai un cruceiro e a capela adicada aos santos.

Neste punto comeza e remata unha ruta de sendeirismo.

Non teñen elementos singulares nin placas.