Redondo

Redondo_2016_08_13_xeral3

Redondo_2016_08_13_detalle5

Redondo_2016_08_13_entorno10

Barcia de Mera, Covelo, Pontevedra

Palco rectangular de pedra situado en Redondo, pegado ao muro que limita o espazo da escola de San José.

Ten varanda metálica con liras en cada lado e pintada coas cores da bandeira galega. Ten unha escaleira moi recente.

No lado onde se atopa a escaleira hai unha placa onde se di: “Reparado por JF año 009”

Atópase entre a capela de San José (1928) e a escola de San José (1923), doadas por Agapito Serra Fernandes. Tamén hai un monumento “Al filántropo Agapito Serra Fernandes. Homenaje de sus amigos y admiradores. 18 agosto 1931”

Non se usa.

(“Foi reparado hai uns anos por José das Eiras. A capela mandouna construir Agapito Serra Fernandes porque a súa nai quedáballe a igrexa moi lonxe. A escola tamén a mandou construir el. A estrela de cinco puntas (Estrela d’ouro) é o emblema que usou sempre Agapito en Lisboa. O palco usábase nas festas. Agora non hai festa.”)

Maceira

maceira_igrexa_2014_08_07_xeral1
maceira_igrexa_2014_08_07_detalle2
maceira_igrexa_2014_08_07_entorno4

Maceira, Covelo, Pontevedra.

Palco hexagonal sen teito situado ao lado da igrexa de Maceira.

A varanda é metálica.

Non ten placas identificativas.

“Tiña teito e antes usábase moito. Agora non, porque as orquestas xa veñen co seu palco, e cando ven algún gaiteiro ou banda de música, póñense no outro palco ou no propio chan. Eu estou cerca dos oitenta anos e o palco xa estaba aí”

Hai outro palco moi preto.
___________

En flickr.

Maceira

maceira_2014_08_06_xeral2
maceira_2014_08_06_detalle3
maceira_2014_08_06_entorno3

Maceira, Covelo, Pontevedra.

Palco hexagonal situado nunha pequena alameda de Maceira.

Ten teito. A varanda é de cemento simulando troncos de árbore.

Non ten placas identificativas.

Úsase moi esporadicamente no día da festa.

Hai outro palco moi preto, ao lado da igrexa.
___________

En flickr.

Santiago de Covelo

santiago_de_covelo_2014_08_04_xeral1
santiago_de_covelo_2014_08_04_detalle1
santiago_de_covelo_2014_08_04_entorno3

Santiago de Covelo, Covelo, Pontevedra.

Palco hexagonal de pedra con varanda de ferro, localizado no lugar d’A Ermida en Covelo.

A varanda atópase en moi mal estado, a piques de caer.

Non contén placas identificativas. Ten colgado un cartaz anunciando o museo etnográfico que se atopa un pouco máis adiante. No mesmo lugar hai un cruceiro e un parque infantil.
___________

En flickr.

A Lamosa


A Lamosa, Covelo, Pontevedra.

Palco hexagonal situado a cabalo entre o valado do adro e o campo de festas.

O seu estado de conservación é bo, desvirtuado por un engadido de estructura metálica a xeito de ampliación.

O entorno de núcleo rural é excelente.

Non ten elementos singulares nin placas.

Pódese visitar si se fai a ruta de sendeirismo do río Xabriña.

Caxil, Barcia de Mera

San Xoán do Mosteiro, Barcia de Mera, Covelo, Pontevedra.

Palco pequeno e cadrado situado ao carón da capela de San Xoán do Mosteiro, en Caxil.

Ao lado hai unha ruta que leva ata a fonte santa pasando por unha ponte de pedra.

Úsase na romaría de San Xoán do Mosteiro.
___________

En flickr.