Maceira

maceira_igrexa_2014_08_07_xeral1
maceira_igrexa_2014_08_07_detalle2
maceira_igrexa_2014_08_07_entorno4

Maceira, Covelo, Pontevedra.

Palco hexagonal sen teito situado ao lado da igrexa de Maceira.

A varanda é metálica.

Non ten placas identificativas.

“Tiña teito e antes usábase moito. Agora non, porque as orquestas xa veñen co seu palco, e cando ven algún gaiteiro ou banda de música, póñense no outro palco ou no propio chan. Eu estou cerca dos oitenta anos e o palco xa estaba aí”

Hai outro palco moi preto.
___________

En flickr.

Maceira

maceira_2014_08_06_xeral2
maceira_2014_08_06_detalle3
maceira_2014_08_06_entorno3

Maceira, Covelo, Pontevedra.

Palco hexagonal situado nunha pequena alameda de Maceira.

Ten teito. A varanda é de cemento simulando troncos de árbore.

Non ten placas identificativas.

Úsase moi esporadicamente no día da festa.

Hai outro palco moi preto, ao lado da igrexa.
___________

En flickr.