Ribela, A Estrada

Ribela_2016_03_27_xeral
Ribela_2016_03_27_contorna 1
Ribela_2016_03_27_contorna 3

Ribela, A Estrada, Pontevedra.

Palco rectangular acaroado a outras construcións, coas dúas esquinas da fronte achafranadas, situado na parroquia de Santa Mariña de Ribela na Estrada.

Sitúase apoiado en edificacións complementarias da casa rectoral e do importante conxunto eclesiástico. Na contorna hai cruceiro, pombal da mencionada casa rectoral e igrexa con portada neoclásica.

A base é de fábrica de pedra mamposta. A cuberta semipiramidal de forxado ladrilleiro, á vista pola súa cara interior, semella un engadido que se apoia sobre piares de fibrocemento. As varandas son metálicas.

Ten dobre altura na escea.

Descoñécese se se usa.

Tabeirós, A Estrada, Pontevedra.

Tabeirós_2015_11_02_xeral 1

Tabeirós_2015_11_02_contorna 1

Tabeirós_2015_11_02_detalle 1

Tabeirós, A Estrada, Pontevedra.

Palco rectangular con proporcións próximas ao cadrado, con dúas esquinas achafranadas, situado na parroquia de Tabeirós na Estrada.

Sitúase apoiado sobre o linde do largo que rodea a capela da Consolación (arquitectura do 1680). Tamén hai un cruceiro e unha contorna de núcleo de gran interés.

O palco ten base de pedra, e uns pequenos chanzos tamén en pedra. Ten varandas e estrutura de cuberta de tubos de aceiro pintados en verde, e de material de cubrición chapa ondulada. O seu estado de conservación é deficiente, ténselle colocado un taboeiro de anuncios sobre a varanda.

Non se usa.

Agrela, Codeseda, A Estrada.

Agrela_2015_11_02_xeral 2
Agrela_2015_11_02_detalle 3
Agrela_2015_11_02_contorna 10

Agrela, Codeseda, A Estrada, Pontevedra.

Palco da música adosado ao valado do adro, de base rectangular achaflanada nas dúas esquinas frontais. O adro é unha gran carballeira, dous dos carballos flanquean o palco. A arquitectura que o acompaña é un núcleo rural conservado no seu estado orixinal destacando a imponente igrexa barroca.

A base é de pedra, macizada e cunha capa de formigón na plataforma. Ten balaustres e un banco corrido posterior en pedra, nos balaustres hai uns rebaixes que se supón que albergaban as varandas. Ten escaleira, tamén de pedra. Presenta unha gran fenda na súa cara este.

Na fronte gravado na pedra aparece a data 1926.

Descoñécese se se usa.

Codeseda

Codeseda_20151018_contorna 1 Codeseda_20151018_contorna 4 Codeseda_20151018_xeral 1

Codeseda, A Estrada, Pontevedra.

Palco da música octogonal, situado na contorna da igrexa, baixo unha caballeira e rodeado dun núcleo de vivendas. Tamén hai na contorna un cruceiro. Forma parte dun conxunto de gran valor ambiental como núcleo rural.

Consérvase en bo estado, aínda que precisa mantemento. Todo o palco está enfuscado, resolvéndose con entrepanos remetidos respecto dos bordos. As varandas son de ladrillo enfuscado e pintado.

Descoñécese se se usa.

Cereixo

Cereixo_2015_08_22_contorna Cereixo_2015_08_22_detalle sur 2 Cereixo_2015_08_22_xeral norte Cereixo_2015_08_22_xeral sur

Cereixo, A Estrada, Pontevedra.

Conxunto de dous palcos rectangulares con proporcións próximas ao cadrado, con dúas esquinas achafranadas, situado na parroquia de Cereixo na Estrada.

Sitúanse apoiados sobre o linde do campo da festa, na contorna da igrexa parroquial e do cemiterio.

Os palcos son formalmente similares, só se diferencian na cuberta, o máis próximo á igrexa (norte) colocóuselle unha cuberta de pranchas onduladas,
e tamén se refozou a estrutura de pés colocando catro en paralelo aos primeiros.

As bases son de fábrica de pedra, os piares de formigón así como a cuberta a un auga, os fondos son de fábrica enfuscada e pintada.
As varandas están tamén enfuscadas. Na fronte da cuberta do palco sur aparece a data de 1970.

Baixo ambos palcos pasa un rego que discorre en paralelo ao linde do campo da festa.

O máis próximo á igrexa ten sido pintado recentemente e o seu estado de conservación é bo, mentres o outro presenta serios problemas na súa fábrica,
no punto onde apoia o piar noroeste, así como o afundimento da lousa no lateral este, polo que o estado de conservación é malo.

Arnois

Arnois_2015_08_11_contorna Arnois_2015_08_11_detalle 1 Arnois_2015_08_11_xeral 1

Arnois, A Estrada, Pontevedra.

Conxunto de dous palcos octogonais situados na parroquia de Arnois na Estrada.

Sitúanse no medio do lateral largo do campo da festa, na contorna da igrexa parroquial.

Os palcos presentan unha imaxe íntegra de acabado enfuscado en morteiro, nos desconchados pode verse que a base é, cando menos parcialmente, de pedra, a cuberta é plana e de formigón armado.
As varandas, tamén enfuscadas teñen como motivo dous gaiteiros que enmarcan unha lira.

Ambos palcos están asentados sobre penedo, labrados neste, distínguense chanzos que parece ser que levaban cara a un descanso dende o que se accedía a cada palco con entradas enfrontadas. Existe un almacén intermendio que desvirtúa o conxunto. Recentemente tense botado unha capa de formigón sobre este elemento e na zona posterior dos palcos.

O seu estado de conservación é regular.

Santeles

Santeles_20150712_xeral 1Santeles_20150712_detalle 1Santeles_20150712_entorno 3

Santeles (San Xoán de), A Estrada, Pontevedra.

Palco de base decagonal situado na parroquia de San Xoán de Santeles na Estrada. Sitúase nun extremo do campo da festa, oposto a outro de tipo rectangular de factura máis recente (1977, segundo a inscrición do seu frontón).

O campo da festa forma conxunto, na parroquia, con outros lugares públicos (escola unitaria, campo de balón pé, igrexa, cruceiro e cemiterio).

O palco presenta unha imaxe íntegra de acabado enfuscado en morteiro, sendo cando menos a cuberta, incluso o teito, de formigón armado. Os piares son moldurados, e no centro de cada cara do basamento destácase un relieve rectagular.

No lateral oposto á escaleira, no basamento ten unha inscrición: “EL CONTRATISTA M. FIGUEIRA AÑO D 1.932 COSTEADA ESTA OBRA POR LA SOCIED JUVENTUD D SANTELES EN BUENOS AIRES FUNDADA EL 14 D JULIO D 1928”

O seu estado de conservación é malo.

Alameda da Estrada

Alameda, Estrada (A), Pontevedra.

Palco octogonal situado na alameda da Estrada. Completa o conxunto o edificio do concello.

O seu estado de conservación é bo.

Non ten placa identificativa.

Segue en uso, nas festas de San Paio (26 xuño).