Agrela, Codeseda, A Estrada, Pontevedra.
Palco da música adosado ao valado do adro, de base rectangular achaflanada nas dúas esquinas frontais. O adro é unha gran carballeira, dous dos carballos flanquean o palco. A arquitectura que o acompaña é un núcleo rural conservado no seu estado orixinal destacando a imponente igrexa barroca.
A base é de pedra, macizada e cunha capa de formigón na plataforma. Ten balaustres e un banco corrido posterior en pedra, nos balaustres hai uns rebaixes que se supón que albergaban as varandas. Ten escaleira, tamén de pedra. Presenta unha gran fenda na súa cara este.
Na fronte gravado na pedra aparece a data 1926.
Descoñécese se se usa.