Borreiros

Borreiros_2016_03_16_xeral

Borreiros_2016_03_16_detalle4

Borreiros_2016_03_16_entorno3

Borreiros, Gondomar, Pontevedra

Palco octogonal de pedra localizado na parroquia de Borreiros. Atópase no torreiro que se atopa a carón da capela da Xunqueira.

A modo de soporte do teito ten unha estrutura metálica que sae de cada esquina do palco.

A plataforma é de formigón e sobresae da base de pedra.

Non ten inscricións nin placas.

No mesmo lugar existe outro palco dos rectangulares de dúas alturas.

Mañufe

Mañufe_2015_07_10_Xeral
Mañufe_2015_07_10_Entorno
Mañufe_2015_07_10_DetalleMañufe_2015_07_10_Detalle3

Mañufe, Gondomar, Pontevedra

Palco octogonal de pedra sen teito situado no adro da igrexa de San Vicente de Mañufe.

Ten unha placa onde pon: “Ano 1924”

Foi mandado facer pola iniciativa do indiano Leopoldo Pérez Alonso.

Ten varanda de ferro e unha columna no medio. En dous laterais ten respiradoiros en forma de cruz. Ten unha porta pero non ten escaleiras.

No mesmo lugar existe un cruceiro.

Donas




Donas, Gondomar, Pontevedra.

Palco de pedra octogonal sen teito situado en San Cibrán, na parroquia de Donas, en Gondomar.

Atópase ao lado da estrada e da capela de San Cibrán. Un pouquiño máis abaixo hai un cruceiro.

Non ten ningunha praca identificativa.

Noutro lateral da capela pode verse un palco dos modernos.

___________

En flickr.

Gondomar



Gondomar, Gondomar, Pontevedra.

Palco octogonal situado no parque que se atopa fronte ao concello de Gondomar, na rúa Ángel Urzáiz.

Non ten teito. Non ten ningunha praca nin nengunha indicación sobre a súa construcción.

___________

En flickr.