Mañufe, Gondomar, Pontevedra
Palco octogonal de pedra sen teito situado no adro da igrexa de San Vicente de Mañufe.
Ten unha placa onde pon: “Ano 1924”
Foi mandado facer pola iniciativa do indiano Leopoldo Pérez Alonso.
Ten varanda de ferro e unha columna no medio. En dous laterais ten respiradoiros en forma de cruz. Ten unha porta pero non ten escaleiras.
No mesmo lugar existe un cruceiro.