Lores

Lores_2015_09_03_Xeral
Lores_2015_09_03_Detalle2
Lores_2015_09_03_Entorno6
Lores_2015_09_03_Entorno7

Lores, Meaño, Pontevedra.

Palco de pedra octogonal situado no adro do Santuario de San Bieito.

O que é o chan do palco sobresae da base e parece que está feito posteriormente, así como o teito de cemento e as varandas e as columnas de forxa que o sustentan. As escaleiras tamén parecen feitas posteriormente. A porta metálica non ten nada que ver co resto da varanda e está suxeita a esta por arame.

O palco presenta dúas alturas e no medio do chan aparece escrito: “Año 17-6-1978 S.B.”

Atópase situado ao lado dunhas escaleiras de pedra. No lado contrario hai outro palco máis moderno de grandes dimensións.