Festín, Toutón

Festín_2016_07_19_xeral3

Festín_2016_07_19_detalle

Festín_2016_07_19_entorno2

Toutón, Mondariz, Pontevedra

Palco octogonal situado na carballeira das Bazocas, no lugar de Festín.

Ten basamento enfuscado e escaleira de formigón. A varanda consiste en dúas barras de ferro que van dende as pequenas columnas que hai en cada unha das esquinas.

Non ten placas nin inscricións.

Mouriscados

Mouriscados_2015_08_05_xeral
Mouriscados_2015_08_05_detalle
Mouriscados_2015_08_05_entorno

Mouriscados, Mondariz, Pontevedra

Palco hexagonal de pedra encaixado entre dous falsos plátanos. Da varanda xorde a estrutura do teito.

Moi preto pode verse a igrexa de San Cibrán de Mouriscados.

Xusto ao lado do palco hai un banco de pedra.

Úsase o día da festa da Virxe do Perpetuo Socorro (15 e 16 de agosto), para “as danzas”, nas que se fai unha representación da contenda entre un mouro e un cristián e se realiza a danza das cintas.

Riofrío

Riofrío_2015_08_05_xeral
Riofrío_2015_08_05_detalle
Riofrío_2015_08_05_entorno2

Riofrío, Mondariz, Pontevedra

Palco de pedra hexagonal situado ao carón da estrada no lugar do Carballal, en Riofrío.

Ten varanda con porta e unha pedra fai de escaleira pola parte de atrás onde o desnivel do chan chega case á altura do palco.

Ten unha placa na que está escrito: “1952. Este donativo fue construído por Serafín Fernández donado por él mismo”

Do outro lado da estrada un pouco máis abaixo atópase a capela de San Roque. E indo por un carreiro cara enriba hai un cruceiro.

Vilasobroso

Vilasobroso_2015_01_25_xeral3

Vilasobroso_2015_01_25_detalle3

Vilasobroso_2015_01_25_detalle4

Vilasobroso_2015_01_25_entorno4

Vilasobroso, Mondariz, Pontevedra.

Palco hexagonal de pedra situado ao lado da igrexa de San Martiño, no camiño que vai cara ao castelo de Vilasobroso.

Ten unha estrutura metálica baleira coa forma do teito. Ten unhas escaleiras metálicas nun lateral.

Ten unha placa na que se pode ler: “A entidade local menor de Vilasobroso lembra e honra con agarimo as bandas de música e gaiteiros de Galicia especialmente a tódolos músicos desta histórica terra sobroseña. 1923-2010″. Na praca aparece o debuxo de Castelao de Avelino Cachafeiro co retrato de Rosalía de Castro debuxado no fol.

No mesmo lugar hai un cruceiro.