Xunqueiras


Xunqueiras_2015_08_05_detalle2
Xunqueiras_2015_08_05_entorno2

Xunqueiras, Pazos de Borbén, Pontevedra

Palco de pedra octogonal con varanda e escaleiras tamén de pedra, situado na praza de Wenceslao Verde.

Hai un cruceiro no mesmo lugar e a igrexa de San Salvador de Xunqueiras pódese ver dende a praza.

Dende o torreiro de Xunqueiras comeza e remata a Senda da Fraga do Barragán.

Moscoso

Moscoso_2015_08_05_xeral
Moscoso_2015_08_05_detalle
Moscoso_2015_08_05_entorno2

Moscoso, Pazos de Borbén, Pontevedra

Palco de planta dodecagonal que remata na súa parte dianteira de maneira redondeada a través dunhas escaleiras.

Atópase ao lado da igrexa de San Paio de Moscoso.

O palco está aberto na súa parte dianteira. O teito segue a mesma forma da planta, sendo descuberto na parte das escaleiras.

Na placa pódese ler: “Este palco ha sido inaugurado por el Sr. alcalde D. Manuel Ramón Conde Romero. Moscoso, 8 de Julio de 1995”

É similar ao palco de San Paio de Sabugueira.