Santiago de Oliveira

Santiago de Oliveira_2016_07_16_xeral

Santiago de Oliveira_2016_07_16_detalle

Santiago de Oliveira_2016_07_16_entorno8

Santiago de Oliveira, Ponteareas, Pontevedra

Palco hexagonal de basamento enfuscado situado xusto en fronte da capela da Virxe do Socorro.

Ten pechados os tres lados de atrás con paredes e ten unha cruz no medio. No lado frontal ten unha escaleira. Xusto no lado que se une cunha edificación feita no ano 1981, hai un lugar reservado para acender velas.

Non ten placas nin inscricións.

Ribadetea

Ribadetea_2016_07_06_xeral

Ribadetea_2016_07_06_detalle

Ribadetea_2016_07_06_entorno

Ribadetea, Ponteareas, Pontevedra

Palco hexagonal enfuscado situado no lugar de Santa Cruz, parroquia de Ribadetea.

Non ten teito. Ten unha varanda de formigón.

Ten unha placa na que se le: “Por los vecinos y comisión de fiestas de 1953 Gregorio Lemos, Heliodoro Domínguez, José Lage Ocampo, Constante González. Año 1955”.

Atópase en mal estado, cos ladrillos ao descuberto nalgúns lugares.

Guillade, Ponteareas.

Guillade_2015_11_03_xeral 2
Guillade_2015_11_03_contorna 1
Guillade_2015_11_03_detalle 1

Guillade, Ponteareas, Pontevedra.

Palco da música octogonal, situado no largo da festa, que ocupa unha plataforma inferior ao adro.

A contorna está formada pola igrexa de San Miguel, varias vivendas de carácter tradicional e a vexetación do torreiro formada por falsos plátanos.

A base do palco é de pedra, o chan do estrado é de formigón. Ten varanda de forxa con detalles de liras e balaustres de fundición.

Descoñécese se se usa.

Pías, Ponteareas.

Pías_20151024_xeral
Pías_20151024_contorna 1
Pías_20151024_contorna 4

Pías, Ponteareas, Pontevedra.

Palco da música octogonal, situado no largo que forman a igrexa e a casa rectoral. Rodeado de cruceiro e vellos castiñeiros.
A contorna é dun valor arquitectónico importante.

Todo o palco é de pedra, tanto os muros da base coma as balaustradas, así como o chan do estrado. De sinxeleza formal moi ben integrada no conxunto monumental. Aínda que parece ben conservado, baixo unha mirada máis atenta, aprécianse movementos da súa fábrica. Convén facer seguemento.

Ten unha placa na que pode lerse:
“DONADO POR LOS SRS. D.
ALFREDO GUISADO
ANTONIO GUISADO Y
EUGENIO ALVAREZ
AÑO 1945”

Descoñécese se se usa.

Alfredo Pedro Guisado, poeta, deputado, político e xornalista portugués, de Lisboa, foi o promotor deste palco xunto co seu irmán Antonio Guisado e o seu cuñado Eugenio Álvarez, tal e como se pode comprobar no seu facebook:


Moreira



Moreira, Ponteareas, Pontevedra.

Palco octogonal situado nunha encrucillada lugar de celebración das festas, preto da igrexa. No entorno existe un cruceiro.

O seu estado de conservación é moi malo, os balaustres construídos con ladrillo revestido de morteiro presentan roturas, con zonas totalmente destruídas. A vexetación invade a construción. Os elementos de mobiliario urbano que rodean o palco empeoran moito o seu entorno.

Non ten elementos singulares nin placas.

Non se usa.

Guláns




Guláns, Ponteareas, Pontevedra.

Palco circular situado ao carón da igrexa de San Xulián de Guláns.

Non ten placa identificativa, mais ten unha partitura debuxada na parte interior da parede do palco, entre as imaxes de Reveriano Soutullo, David e Santa Cecilia.

Ten uns buracos no chan, distribuídos en círculo. No teito, no interior ten un oco. No exterior ten unha lira.

Úsase os días de festa para os concertos da banda de música.

O palco é famoso pola súa boa acústica.

___________

En flickr.

Ponteareas



Ponteareas, Ponteareas, Pontevedra.

Palco octogonal situado na parte superior da Praza da Concordia.

Non ten ningunha placa identificativa nin pon o ano de construcción.

Este palco estivo situado na Praza Maior no seu tempo. Despois trasladárono ao lado da igrexa de Angoares. E volveu a Ponteareas. Nestes movementos perdeu as columnas, o teito e máis as varandas.

Na mesma praza existe un escenario na parte de abaixo do espazo, que é o que se usa.

Na páxina de Ponteareas no tempo pódense ver fotos de cando o palco estaba na Praza Maior:

http://www.ponteareasnotempo.gal/gl/photo/8970Bdg1
http://www.ponteareasnotempo.gal/gl/photo/Vx3Jbzam

___________

En flickr.