Alameda de Pontevedra.


Pontevedra, Pontevedra, Pontevedra.

Palco octogonal situado na alameda da capital da provincia de Pontevedra. Ocupa un espazo do bordo da alameda sobreelevado respecto da explanada que acolle as edificacións institucionais da capital.

Composto dun basamento de pedra con acceso por medio de escaleira do mesmo material, e con cuberta e estrutura vertical metálicas.

O seu estado de conservación é bo.

Da estrutura da cuberta colga o escudo da provincia.