Pontellas

Pontellas_2015_08_24_detalle Pontellas_2015_08_24_xeral 1 Pontellas_2015_08_24_xeral 3

Pontellas, Porriño (O), Pontevedra.

Palco octogonal situado no torreiro na contorna da capela de San Paio, na parroquia de Pontellas.

Ten base de perpiaño de pedra e varanda de fábrica de ladrillo con revestido de morteiro e pintado, tense cortado parte da varanda logo da intervención sufrida a contorna.

Ten unha placa indicativa do seu ano de construción e doantes coa seguinte inscrición:

“DONADO POR LOS SOCIOS RESIDENTES EN VENEZUELA
JOSE DOBAL MOREIRA
DOMINGO PEREIRA COSTAS
HERMENEGILDO CORREA SUAREZ
AURENTINO REPRESAS LORENZO
CAPITALINO LOPEZ PARAMOS
JUAN PEREZ DOMINGUEZ
CELSO VAZQUEZ
ANTONIO RORIGUEZ
MANUEL DURAN.C AÑO 1950”

Descoñécese se se usa.

Tomando comparativa fotografías anteriores pode dicirse que as intervencións que o enmarcan teñen mermado significativamente a súa imaxe, agora non pode apreciarse como elemento independente e o seu volume queda parcialmente soterrado quedando a escea ao nivel da plataforma superior do espazo circundante.

O Porriño



Largo de San Bieito, O Porriño, Pontevedra.

Palco hexagonal situado entre as rúas Canastro e Manuel Rodríguez. No largo da capela de San Bieito.

Non ten ningunha placa identificativa. O teito é de madeira e ten unha pequena escaleira dobre pola parte de atrás.

En Porriño hai outro palco ao lado da capela do Cristo da Agonía.

___________

En flickr.

Mosende

Mosende, Porriño (O), Pontevedra.

Palco octogonal situado ó carón da capela de San Diego.

O seu estado de conservación é regular. Precisa mantemento dos acabados de pintura.

Ten unha placa indicativa do seu ano de construción e doantes.

Non se usa.

Chenlo


Chenlo, Porriño (O), Pontevedra.

Palco octogonal situado entre o adro da igrexa e o torreiro de festas, apoiado na diferencia de cotas entre ambos espazos.

O torreiro de Chenlo é un magnífico mirador sobre o val do Louro.

O seu estado de conservación é malo, algunhas pezas da súa fábrica de cantería están soltas, outras non están. O piso está moi deteriorado.

Quedan pegadas duns elementos de forxa, probablemente unha varanda.

Ten unha placa indicativa do seu ano de construción e doantes.