Leirado, Salvaterra de Miño, Pontevedra
Palco octogonal de pedra con varanda de ferro e columnas e teito de cemento, situado ao lado da capela de San Roque.
Ten unha placa que di: “Donado por Jesús Valiño García y José González Prieto. 1953”
Atópase en mal estado con algunha das varandas soltas e ten unha cinta arredor para prohibir o acceso.
Pódese acceder á parte de abaixo, agora chea de lixo.
Nunha foto antiga aparece o palco con varandas metálicas, o que nos leva a pensar que están debaixo das columnas de cemento. O teito tamén aparece cunha forma e feitura distinta, moi parecida ao palco de Lira no catálogo de Palcos da Música do ano 1985.
Non se usa.