Dornelas (San Martiño), Silleda, Pontevedra.
Palco octogonal situado nunha encrucillada que serve de largo das festas, acompáñano na contorna un cruceiro, un centro cultural e outro palco (de “tipo” escenario).
Ten base maciza e cubrición sobre estrutura de formigón. Está todo el enfuscado e pintado con elementos decorativos en entrepanos dos laterais da base e nos piares. O material da cuberta é a tella, rematada cun pirindolo de forxa. Ten escaleira de acceso e unha placa cun gravado “UNIÓN PARROQUIAL DE DORNELAS AÑO 1936”. O seu estado de conservación é regular.
Descoñecemos se se usa.