Palco de Santa María de Tebra

Santa María de Tebra, Tomiño, Pontevedra

Palco de pedra de planta irregular situado a carón da capela da Nosa Señora de Grixó.

O chan é de terra ao que se accede a través dunhas escaleiras de pedra. A varanda é de madeira.

Ten unha estrutura feita con paus de eucalipto a modo de teito.

Non ten pracas nin inscricións.

A festa celébrase en anos alternos entre a parroquia de Santa María de Tebra e a de Barrantes por existir un litixio de a que parroquia pertence, por estar no linde entre as dúas.

Palco de San Bieito

Tomiño, Tomiño, Pontevedra

Palco enfuscado octogonal situado no recinto de festas do Alivio, ao carón da igrexa de San Bieito.

O teito é de formigón pousado sobre columnas de pedra. O palco foi modificado para “ensanchalo porque non cabía a banda de música”. O palco era do tamaño de onde están agora as columnas.

Ten varanda metálica aberta só por onde se atopan as escaleiras.

Nun dos laterais pode lerse nunha praca: “Ano 1924”

Tanto o palco como o espazo atópanse en moi bo estado de conservación.

Úsase o día da festa para a liturxia relixiosa e para os concertos da banda de música, gaiteiro ou treboada.

Goián, Tomiño.

Goián_2016_03_27_xeral 3
Goián_2016_03_27_contorna 1

Goián (San Cristovo), Tomiño, Pontevedra.

Palco octogonal situado na parroquia de San Cristovo de Goián en Tomiño.

Situado na contorna da capela de San Moure e San Roque ao carón do vial que baixa cara o embarcadeiro e o forte de San Lourenzo, baixo unhas sobreiras de gran porte.

Ten base de pedra e cuberta con estrutura de formigón apoiada sobre piares do mesmo material. A “varanda” consiste nuns tubos dispostos á altura do pasamáns. Ten escaleira de pedra.

Descoñécese se se usa.

Currás, Tomiño.

Currás_20151022_contorna 2 Currás_20151022_xeral 2 Currás_20151022_xeral 1

Currás, Tomiño, Pontevedra.

Palco de base rectangular situado na parroquia de Currás en Tomiño.

Situado na contorna da igrexa da parroquia no campo da festa, ao carón da estrada de Tui a A Guarda.

No momento da toma de fotografías estase a urbanizar a contorna, estanse a crear unha serie de bancais que envolverán o palco.

Todo o palco está enfuscado. As varandas son de entrepano macizado no fondo e caladas nos laterais.

O palco está pintado en cores branca e verde.

Acédese pola súa parte posterior mediante dous chanzos de pedra, aproveitando o desnivel do terreo.

O palco dispuña dun teito de estrutura metálica e cuberta de chapa, que se eliminou coas obras mencionadas anteriormente.

Non se dispoñen datos de se se prevé algunha intervención sobre este palco, aínda que como mínimo debería repoñerse a varanda frontal.

Descoñécese se se usa.

Estás, Tomiño. Pontevedra

Estás_xeral 1_20150724 Estás_contorna 1_20150724 Estás_detalle 1_20150724

Estás (Santiago), Tomiño, Pontevedra.

Palco de base cadrada coas esquinas redondeadas situado na parroquia de Santiago de Estás en Tomiño.

Situado na contorna da igrexa da parroquia nun longo que forman unha serie de edificacións residenciais de estilo colonial e outras de influencia portuguesa. A contorna é dun valor ambiental excelente.
Ten base de pedra de cascote e cuberta de chapa, os pes son de fundición. Ten teito de madeira pintada de branco. Coroa o palco un papaventos.
As varandas son de forxa, igual que a escaleira, que non está ben ancorada.

Descoñécese se se usa.

Piñeiro

Piñeiro Tomiño_140711_contorna
Piñeiro Tomiño_140711_xeral 1
Piñeiro Tomiño_140711_xeral 2

Piñeiro (San Salvador de), Tomiño, Pontevedra.

Palco octogonal situado na parroquia de San Salvador de Piñeiro en Tomiño.

Situado na contorna da igrexa da parroquia nun longo situado en paralelo á estrada PO-350.

Ten base de pedra e cuberta con estrutura de formigón apoiada sobre piares do mesmo material, a cubrición é de tella e coroa o palco un pináculo de pedra. A “varanda” consiste nuns tubos dispostos á altura do pasamáns.

Descoñécese se se usa.

Amorín, Tomiño




Amorín, Tomiño, Pontevedra

Palco hexagonal situado na parroquia de Amorín en Tomiño.

Atópase ao lado da igrexa de San Xoán de Amorín. Xusto ao lado hai un cruceiro. No lateral da praza hai outro palco máis moderno.

Non ten ningunha praca e non ten información sobre a súa construcción. No teito ten unha pomba.

Úsase para os concertos da banda de música. (As orquestas traen o seu palco no camión, e o palco grande soa mal, polo que as bandas de música prefiren tocar no palco da música, aínda que teñan que ir menos músicos)

____________

En flickr.