Currás, Tomiño, Pontevedra.
Palco de base rectangular situado na parroquia de Currás en Tomiño.
Situado na contorna da igrexa da parroquia no campo da festa, ao carón da estrada de Tui a A Guarda.
No momento da toma de fotografías estase a urbanizar a contorna, estanse a crear unha serie de bancais que envolverán o palco.
Todo o palco está enfuscado. As varandas son de entrepano macizado no fondo e caladas nos laterais.
O palco está pintado en cores branca e verde.
Acédese pola súa parte posterior mediante dous chanzos de pedra, aproveitando o desnivel do terreo.
O palco dispuña dun teito de estrutura metálica e cuberta de chapa, que se eliminou coas obras mencionadas anteriormente.
Non se dispoñen datos de se se prevé algunha intervención sobre este palco, aínda que como mínimo debería repoñerse a varanda frontal.
Descoñécese se se usa.