Palco de Randufe

Randufe, Tui, Pontevedra

Palco enfuscado de planta irregular situado no adro da igrexa de Santa María da Guía de Randufe.

O teito é de chapa e conta cunha escaleira nun dos laterais. Pode accederse á parte inferior do palco, e conta cun respiradoiro en cada un dos lados dianteiros. Os lados traseiros coinciden co muro que rodea o adro.

No mesmo espazo hai tamén un cruceiro.

Non ten pracas nin inscricións.

Pazos de Reis

Pazos de Reis 1957_2015_08_27_detalle
Pazos de Reis 1957_2015_08_27_xeral 2
Pazos de Reis 1969_2015_08_27_detalle
Pazos de Reis 1969_2015_08_27_xeral 1
Pazos de Reis_2015_08_27_contorna

Pazos de Reis, Tui, Pontevedra.

Conxunto de dous palcos octogonais, situados na contorna da igrexa, baixo unha caballeira e rodeado dun núcleo de vivendas.

Consérvanse en bo estado.

Ambos palcos teñen base de pedra, con escaleira do mesmo material. Pés de perfil de aceiro e cuberta con estrutura de perfiles de aceiro e cubrición de chapa, cabe destacar a escasa altura de ambas cubertas e que son idénticas, sendo os palcos de diferente data.

As varandas son de ladrillo enfuscado e pintado.

No palco máis próximo ao templo aparece gravado na súa fábrica o seguinte: “CONSTRUIDO POR LA ENTIDAD LOCAL MENOR 1957”, no outro palco o gravado di: “COMISION DE FIESTAS 1969”, este lema vai acompañado dunha lira tamén executada en relieve na fábrica.

O máis antigo dos palcos ten unha escaleira de acceso á parte inferior da súa base, segundo me indican os veciños profundizouse para poder usar o espazo inferior como local de reunións.

As mesmas fontes dinme que se usan nas festas (San Miguel, finais de setembro) polas bandas de música, e que soa mellor o novo que o vello.

San Mamede, Guillarei

San Mamede Guillarei_xeral 1_20150724 San Mamede Guillarei_contorna 2_20150724 San Mamede Guillarei_contorna 3_20150724

San Mamede, Guillarei, Tui, Pontevedra.

Palco octogonal, situado ao carón da igrexa de San Mamede de Guillarei.

O palco forma parte do adro, entre a entrada lateral do templo e un acceso dende o camiño.

O seu estado de conservación é regular, algúns balaustres faltan ou están mal colocados. A base é de pedra ao igual que a varanda, non ten escaleira de acceso.

Toda a fábrica é de gran sinxeleza.

Non ten placa identificativa.

Descoñécese se se usa.

Conxunto de palcos Virxe das Dores, Guillarei

Gándara Guillarei_contorna 2_2015 07 24 Gándara Guillarei_detalle 1 1_2015 07 24 Gándara Guillarei_xeral 2 2_2015 07 24 Gándara Guillarei_xeral 1 3_2015 07 24

Gándara, Guillarei, Tui, Pontevedra.

Conxunto de dous palcos octogonais de grandes dimensións, situados no torreiro da Virxe das Dores no lugar da Gándara.
Na contorna atopamos a capela adicada á Virxe das Dores. O campo de festa está densamente poboado por árbores, carballos e falso plátanos.

O seu estado de conservación é bo.
Ambos palcos teñen base de pedra, con escaleira do mesmo material. Pés de fundición e cuberta con estrutura de perfiles de aceiro e cubrición de chapa.
An varandas son de fundición e están coroados por detalle de forxa.
Pese a que o deseño formal é similar presentan diferencias nos acabados.

Non teñen placas identificativas.

Descoñécese se se usan.

Corredeira de Tui

Corredeira_xeral 1_20150724 Corredeira_contorna 1_20150724 Corredeira_detalle 1_20150724 Corredeira_detalle 2_20150724

Corredeira de Tui, Pontevedra.

Palco octogonal situado na corredeira de Tui.

O seu estado de conservación é regular, presenta problemas visibles no teito de madeira, que son sintomáticos de mal mantemento da cuberta,
leva asociado problemas internos da estrutura de cuberta.
De gran riqueza ornamental nos seus elementos de forxa. Nas varandas aparecen lúas, figura do escudo da cidade.
Ten escaleira dobre de forxa que arranca en chanzos de pedra

Non ten placa identificativa.

Descoñécese se se usa.

San Bartolomeu

Rebordáns, Tui, Pontevedra.

Palco octogonal (rectangular oitavado) situado no entorno da igrexa de San Bartolomeu.

O seu estado de conservación é moi bo. De gran riqueza ornamental nos seus elementos de forxa.

Non ten placa identificativa.

Segue en uso, nas festas de San Bartolomeu (24 agosto),

e nas festas de San Roque (16 agosto).