Parque de San Roque

San Roque Vigo_2015_11_15_xeral 2
San Roque Vigo_2015_11_15_contorna 1
San Roque Vigo_2015_11_15_contorna 4

Sárdoma, Vigo, Pontevedra.

Palco de base rectangular de grandes dimensións, situado no parque de San Roque, compartindo espazo coa capela. Rodeado de vexetación de carballos, castiñeiros e outros.

A contorna é excelente.

A plataforma consiste nun forxado que voa sobre unha base revestida de pedra e madeira, suponse unha estrutura interior de formigón. A estrutura de pés de sección circular que sostén a cuberta é metálica, e a estrutura da cuberta está composta por dúas grandes trabes de madeira e correas curvas do mesmo material, polo interior apréciase un friso de madeira sendo o material de cubrición metálico. A varanda é de madeira con soportes metálicos.

O proxecto do parque foi elaborado polos arquitectos José Luis Pereiro e Borja Ramilo.

Aproveitando o desnivel do terreo o espazo inferior serve de local á Irmandade de devotos de San Roque segundo reza nunha placa colocada na fachada.

Segundo novas de varios xornais úsase.

Candeán, O Vixiador

candeán_vixiador_2015_09_16_xeral
candeán_vixiador_2015_09_16_detalle2
candeán_vixiador_2015_09_16_entorno2

Candeán, Vigo, Pontevedra.

Palco rectangular con base de pedra, chan de terra e varanda de madeira, situado no parque forestal O Vixiador, pentencente ao monte veciñan en man común de Candeán.

Ten unhas columnas de ferro que se usa para a estrutura do teito.

Non ten placas nin inscricións.

O palco úsase. Como se ve na foto da XXX romaría do Vixiador o teito de lona suxeitase na estrutura de ferro.

candeán_vixiador_2015_09_06_uso

Bembrive

Bembrive_2015_08_03_Xeral
Bembrive_2015_08_03_Detalle5
Bembrive_2015_08_03_Entorno

Bembrive, Vigo, Pontevedra.

Palco de pedra rectangular situado na rúa Igrexa ao carón da igrexa de Santiago de Bembrive. Un dos laterais o conforma o edificio de vivendas que se atopa pegado.

Ten unha placa onde pon: “Palco vello da Igrexa”.

Ten o teito de madeira e instalación eléctrica.

Oia

Oia_2015_07_06_Xeral

Oia_2015_07_06_Detalle3

Oia_2015_07_06_Entorno4

Oia, Vigo, Pontevedra

Palco dos Liñares, Canido. Palco octogonal situado ao carón da capela da Virxe dos Liñares. O palco é de pedra con columnas tamén de pedra e tellado con tellas. No frontal ten o mesmo debuxo da lira que aparece nas varandas. A lira tamén aparece no medio da parte máis alta do tellado.

Non ten nigunha inscrición nin placas.

Foi construído no ano 1949, doado polo veciño de Oia Juan Jesús Álvarez Santomé. Non tiña teito ao principio.

Úsase no día de festa, o segundo domingo de setembro.

No mesmo lugar existe outro palco máis moderno.

Bouzas, Vigo



Bouzas, Vigo, Pontevedra.

Palco octogonal situado na alameda Suárez-Llanos.

Non ten ningunha placa nen ningunha inscripción. Non se sabe o ano de construcción, pero din que leva aí “toda a vida”.

Posúe unha dobre escaleira nun dos lados.Ten o teito de madeira, que llo restauraron hai pouco tempo, e ten un espazo debaixo cunha porta, que en tempos era onde gardaba o varredor os seus trebellos. (Unha vez uns rapaces pecháronlle a porta e déixarono encerrado dentro).

Os días de festa a banda de música toca no palco.

___________

En flickr.

Candeán, Vigo




Candeán, Vigo, Pontevedra.

Palco octogonal remodelado no ano 1980.

Estaba descuberto e era de pedra. Ten un catavento no teito de chapa. Atópase ao carón da igrexa na encrucillada de dúas estradas.

Úsase o día de festa para o concerto da banda de música.

_____________

En flickr.