Sárdoma, Vigo, Pontevedra.
Palco de base rectangular de grandes dimensións, situado no parque de San Roque, compartindo espazo coa capela. Rodeado de vexetación de carballos, castiñeiros e outros.
A contorna é excelente.
A plataforma consiste nun forxado que voa sobre unha base revestida de pedra e madeira, suponse unha estrutura interior de formigón. A estrutura de pés de sección circular que sostén a cuberta é metálica, e a estrutura da cuberta está composta por dúas grandes trabes de madeira e correas curvas do mesmo material, polo interior apréciase un friso de madeira sendo o material de cubrición metálico. A varanda é de madeira con soportes metálicos.
O proxecto do parque foi elaborado polos arquitectos José Luis Pereiro e Borja Ramilo.
Aproveitando o desnivel do terreo o espazo inferior serve de local á Irmandade de devotos de San Roque segundo reza nunha placa colocada na fachada.
Segundo novas de varios xornais úsase.