Merza, Vila de Cruces.

Merza_2015_11_01_contorna 1 Merza_2015_11_01_detalle Merza_2015_11_01_xeral 1Merza, Vila de Cruces, Pontevedra.

Palco con base dodecaédrica, no que se substitúen tres lados para formalizar o acceso a modo de escalinata.

Está situado nun largo con vexetación e con varios niveis nos que atopamos parque infantil, lavadeiro monumentos. O palco ocupa unha esquina estando a escalinata orientada cara o largo. Faille de fondo a fachada de arquitectura contemporánea da panadería Ramón, en xeral a contorna é boa.

A base é de pedra, os pés e os elementos ornamentais son metálicos pintados en ton gris. A cuberta é de chapa metálica, apoiada en dez pés ciculares que formalizan tres cuartos do dodecaedro. Polo interior ten teito de fibra. Ten iluminación. Existe unha escaleira de acceso ao espazo inferior do palco. Obsérvase a falta de mantemento no verdín da pedra e en que varias pezas do teito están rotas.

Ten placa identificativa na que pode lerse:

“ESTA PRAZA DE MÚSICA INAUGUROUSE POLO EXCMO. SR. D. MANUEL ABELENDO LOPEZ PRESIDENTE DA DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SENDO ALCALDE DO CONCELLO D. JESUS OTERO VARELA MERZA, 15 XUÑO, 1996”.

Úsase puntualmente pola banda, sendo de gran fama pola zona a banda de Merza.