Ribadavia

Riadavia, Ribadavia, Ourense

Palco de pedra semicircular de grandes dimensións situado na alameda de Ribadavia.

Ten unha escaleira de pedra por cada lado coa mesma varanda que o palco. Non hai varanda no frontal.

O tellado de chapa está pousado sobre unha estrutura metálica apoiada nos pes dereitos do mesmo material.

Ten teito de madeira e ten instalación eléctrica.

Na parte traseira do escenario hai dous vestiarios.

Non ten placas nin inscricións.

A Mezquita

A Mezquita, A Merca, Ourense

Palco octogonal de pedra situado no adro da igrexa de San Pedro da Mezquita.

Ten a altura do muro onde está integrado, quedando ao nivel do chan no camiño que leva á igrexa.

A varanda é metálica entre os piares de pedra. Debía ter outra varanda porque os piares teñen todos un buraco a media altura. Os piares son tamén octogonais.

Non ten teito. Non ten placas nin inscricións. Non se usa.

Portomarín antigo

Antigo Portomarín, Portomarín, Lugo

Emprazamento da antiga igrexa de Portomaín onde aínda se atopa a base de planta octogonal do palco da música do mesmo feita de ladrillos e formigón á que lle falta a varanda que o bordeaba antigamente tamén do mesmo material.

Pódese acceder cando o encoro de Belesar leva pouca auga.

Rodeiro

Rodeiro, Rodeiro, Pontevedra

Palco de planta octogonal situado na Avd. Gumersindo Areán a carón das piscinas municipais de Rodeiro.

Parece de recencente construcción realizado en pedra con varandas de forxa, teito de chapa e revestido polo interior con madeira e alumeado.

Descoñecese se se utiliza actualmente.

Cartelos

Cartelos, Carballedo, Lugo

Palco realizado a dobre altura en bloque con planta octogonal con columnas de formigón e tellado de chapa.

Varanda de metal e cunha pranta baixa con uso descoñecido.

Non posúe alumeado e descoñecese o uso actual que ten.

Está situado a carón da igrexa de Santo Estebo de Cartelos.

Palco de Santa María de Tebra

Santa María de Tebra, Tomiño, Pontevedra

Palco de pedra de planta irregular situado a carón da capela da Nosa Señora de Grixó.

O chan é de terra ao que se accede a través dunhas escaleiras de pedra. A varanda é de madeira.

Ten unha estrutura feita con paus de eucalipto a modo de teito.

Non ten pracas nin inscricións.

A festa celébrase en anos alternos entre a parroquia de Santa María de Tebra e a de Barrantes por existir un litixio de a que parroquia pertence, por estar no linde entre as dúas.

Palco de San Bieito

Tomiño, Tomiño, Pontevedra

Palco enfuscado octogonal situado no recinto de festas do Alivio, ao carón da igrexa de San Bieito.

O teito é de formigón pousado sobre columnas de pedra. O palco foi modificado para “ensanchalo porque non cabía a banda de música”. O palco era do tamaño de onde están agora as columnas.

Ten varanda metálica aberta só por onde se atopan as escaleiras.

Nun dos laterais pode lerse nunha praca: “Ano 1924”

Tanto o palco como o espazo atópanse en moi bo estado de conservación.

Úsase o día da festa para a liturxia relixiosa e para os concertos da banda de música, gaiteiro ou treboada.

Palco de Randufe

Randufe, Tui, Pontevedra

Palco enfuscado de planta irregular situado no adro da igrexa de Santa María da Guía de Randufe.

O teito é de chapa e conta cunha escaleira nun dos laterais. Pode accederse á parte inferior do palco, e conta cun respiradoiro en cada un dos lados dianteiros. Os lados traseiros coinciden co muro que rodea o adro.

No mesmo espazo hai tamén un cruceiro.

Non ten pracas nin inscricións.

Palco de Sorribas

Sorribas, Rois, A Coruña

Palco octogonal de pedra situado a carón da rectoral de Sorribas.

Atópase en moi mal estado. Ten unha escaleiras tamén de pedra nun dos seus lados, pegadas ao muro que ten detrás. Dende o palco arranca o via crucis de Sorribas.

Non ten ningunha inscrición nin placa.