Vilar de Flores

Vilar de flores_dereita_2016_05_25_xeral3
Vilar de flores_esquerda_2016_05_25_xeral3
Vilar de flores_esquerda_2016_05_25_detalle
Vilar de flores_conxunto_2016_05_25_entorno
Vilar de flores_conxunto_2016_05_25_entorno3

Os Espiñeiros, Allariz, Ourense

No adro do santuario da Nosa Señora de Vilar de Flores hai dous palcos iguais con base octogonal de pedra con varanda metálica. Están integrados no muro no que están apoiados, que tamén serve de asento.

A varanda ten unha porta da mesma forma e material.

Teñen unha escaleira de pedra de tres chanzos.

Os palcos sobresaen do muro onde están apoiados.

No palco situado á esquerda da entrada principal do santuario atópase unha data gravada na pedra (ANO 1915).

Antigamente cada 15 de agosto, e con motivo das festas patronais, tocaban duas bandas de música.

Descoñecese se se usa.

Pazos de Reis

Pazos de Reis 1957_2015_08_27_detalle
Pazos de Reis 1957_2015_08_27_xeral 2
Pazos de Reis 1969_2015_08_27_detalle
Pazos de Reis 1969_2015_08_27_xeral 1
Pazos de Reis_2015_08_27_contorna

Pazos de Reis, Tui, Pontevedra.

Conxunto de dous palcos octogonais, situados na contorna da igrexa, baixo unha caballeira e rodeado dun núcleo de vivendas.

Consérvanse en bo estado.

Ambos palcos teñen base de pedra, con escaleira do mesmo material. Pés de perfil de aceiro e cuberta con estrutura de perfiles de aceiro e cubrición de chapa, cabe destacar a escasa altura de ambas cubertas e que son idénticas, sendo os palcos de diferente data.

As varandas son de ladrillo enfuscado e pintado.

No palco máis próximo ao templo aparece gravado na súa fábrica o seguinte: “CONSTRUIDO POR LA ENTIDAD LOCAL MENOR 1957”, no outro palco o gravado di: “COMISION DE FIESTAS 1969”, este lema vai acompañado dunha lira tamén executada en relieve na fábrica.

O máis antigo dos palcos ten unha escaleira de acceso á parte inferior da súa base, segundo me indican os veciños profundizouse para poder usar o espazo inferior como local de reunións.

As mesmas fontes dinme que se usan nas festas (San Miguel, finais de setembro) polas bandas de música, e que soa mellor o novo que o vello.

Cereixo

Cereixo_2015_08_22_contorna Cereixo_2015_08_22_detalle sur 2 Cereixo_2015_08_22_xeral norte Cereixo_2015_08_22_xeral sur

Cereixo, A Estrada, Pontevedra.

Conxunto de dous palcos rectangulares con proporcións próximas ao cadrado, con dúas esquinas achafranadas, situado na parroquia de Cereixo na Estrada.

Sitúanse apoiados sobre o linde do campo da festa, na contorna da igrexa parroquial e do cemiterio.

Os palcos son formalmente similares, só se diferencian na cuberta, o máis próximo á igrexa (norte) colocóuselle unha cuberta de pranchas onduladas,
e tamén se refozou a estrutura de pés colocando catro en paralelo aos primeiros.

As bases son de fábrica de pedra, os piares de formigón así como a cuberta a un auga, os fondos son de fábrica enfuscada e pintada.
As varandas están tamén enfuscadas. Na fronte da cuberta do palco sur aparece a data de 1970.

Baixo ambos palcos pasa un rego que discorre en paralelo ao linde do campo da festa.

O máis próximo á igrexa ten sido pintado recentemente e o seu estado de conservación é bo, mentres o outro presenta serios problemas na súa fábrica,
no punto onde apoia o piar noroeste, así como o afundimento da lousa no lateral este, polo que o estado de conservación é malo.

Arnois

Arnois_2015_08_11_contorna Arnois_2015_08_11_detalle 1 Arnois_2015_08_11_xeral 1

Arnois, A Estrada, Pontevedra.

Conxunto de dous palcos octogonais situados na parroquia de Arnois na Estrada.

Sitúanse no medio do lateral largo do campo da festa, na contorna da igrexa parroquial.

Os palcos presentan unha imaxe íntegra de acabado enfuscado en morteiro, nos desconchados pode verse que a base é, cando menos parcialmente, de pedra, a cuberta é plana e de formigón armado.
As varandas, tamén enfuscadas teñen como motivo dous gaiteiros que enmarcan unha lira.

Ambos palcos están asentados sobre penedo, labrados neste, distínguense chanzos que parece ser que levaban cara a un descanso dende o que se accedía a cada palco con entradas enfrontadas. Existe un almacén intermendio que desvirtúa o conxunto. Recentemente tense botado unha capa de formigón sobre este elemento e na zona posterior dos palcos.

O seu estado de conservación é regular.

Conxunto de palcos Virxe das Dores, Guillarei

Gándara Guillarei_contorna 2_2015 07 24 Gándara Guillarei_detalle 1 1_2015 07 24 Gándara Guillarei_xeral 2 2_2015 07 24 Gándara Guillarei_xeral 1 3_2015 07 24

Gándara, Guillarei, Tui, Pontevedra.

Conxunto de dous palcos octogonais de grandes dimensións, situados no torreiro da Virxe das Dores no lugar da Gándara.
Na contorna atopamos a capela adicada á Virxe das Dores. O campo de festa está densamente poboado por árbores, carballos e falso plátanos.

O seu estado de conservación é bo.
Ambos palcos teñen base de pedra, con escaleira do mesmo material. Pés de fundición e cuberta con estrutura de perfiles de aceiro e cubrición de chapa.
An varandas son de fundición e están coroados por detalle de forxa.
Pese a que o deseño formal é similar presentan diferencias nos acabados.

Non teñen placas identificativas.

Descoñécese se se usan.

Carballeira dos santos Xusto e Pastor

San Xurxo de Sacos, Cotobade, Pontevedra.

Palcos hexagonal e rectangular de dobre altura, ambos de basamento de pedra, ubicados a escasos metros un do outro no entorno da carballeira dos Santos Xusto e Pastor, onde se realiza unha romería.

Os seus estados de conservación son bos. Pese ás diferencias formais, que nos indican distintas datas de construción, os sistemas constutivos son similares.

O entorno da carballeira é excelente. No entorno hai un cruceiro e a capela adicada aos santos.

Neste punto comeza e remata unha ruta de sendeirismo.

Non teñen elementos singulares nin placas.