Ribeiras de Lea

Ribeiras de Lea_2016_07_12_xeral2

Ribeiras de Lea_2016_07_12_detalle2

Ribeiras de Lea_2016_07_12_entorno

Ribeiras de Lea, Castro de Rei, Lugo

Palco octogonal enfuscado situado a carón da igrexa de San Xoán de Ribeiras de Lea, na praza García Abad.

Ten cuberta de pizarra e escaleiras de formigón.

A varanda tamén é enfuscada.

Xusto ao lado hai un parque infantil.

Non ten placas nin inscricións.

Donramiro

Donramiro_2016_06_30_xeral3

Donramiro_2016_06_30_detalle6

Donramiro_2016_06_30_entorno2

Donramiro, Lalín, Pontevedra

Palco de pedra hexagonal situado a carón da capela do Monserrat, en Donramiro.

Ten unha placa na que se le: “Na memoria do TÍO BENITO. Donramiro 15-9-2013”

Non ten teito. A varanda metálica é moi sinxela e ten un oco a modo de porta xusto enriba da porta metálica para acceder á parte inferior do palco.

Escuadro

Escuadro_2016_06_30_xeral3

Escuadro_2016_06_30_detalle3

Escuadro_2016_06_30_entorno

Escuadro, Silleda, Pontevedra

Palco de pedra octogonal situado a carón da igrexa de San Salvador de Escuadro.

Ten unha pequena escaleira de dous chanzos de pedra xusto nunha pequena porta da varanda polo que se accede ao palco.

Ten varanda metálica e teito de pizarra.

Non ten placas nin inscricións.

Esporiz (San Miguel)

Esporiz_2016_06_06_xeral 2
Esporiz_2016_06_06_contorna 1
Esporiz_2016_06_06_detalle 2

Esporiz, Monterroso, Lugo.

Palco octogonal situado na Praza do Alcalde da localidade luguesa de Monterroso.

Componse dun basamento de pedra, con escaleira do mesmo material.

Pés dereitos e estrutura de cuberta metálicas. As varandas son de forxa, no centro de cada tramo hai un detalle de tres follas de carballo.

A cuberta é de chapa metálica, polo interior ten un teito de madeira, só parcialmente.

Ten un punto de iluminación central.

O seu estado de conservación é bo.

Descoñécese se se usa.

Moaña

Moaña_2016_05_17_xeral 4
Moaña_2016_05_17_detalle 3
Moaña_2016_05_17_contorna 1

Moaña, Moaña, Pontevedra.

Palco de base circular situado na Praza do mar da vila do Morrazo, faille de fondo a ría de Vigo.

A base está forrada de pedra, os pés e a estrutura da cuberta son de madeira. As varandas son de aceiro inoxidable.

Ten rampla de acceso, na parede que a bordea hai colocada unha lira. Na fronte da base hai un escudo de pedra co nome do concello.

Úsase.

Viveiro

Viveiro_2016_04_21_xeral3

Viveiro_2016_04_21_detalle4

Viveiro_2016_04_21_entorno

Viveiro, Viveiro, Lugo

Palco octogonal de pedra localizado na travesía da Mariña, de Viveiro.

Ten teito de madeira con instalación eléctrica

Ten unha dobre escaleira tamén de pedra coa mesma varanda de forxa que a do palco.

Ten unha porta para o acceso ao seu interior.

Na placa pode lerse: “Ministerio de medio ambiente. Dirección general de costas. Fachada marítima de Viveiro. Viveiro 2007”

Praza Maior, Lugo.

Lugo 2_2016_03_15_xeral 1
Lugo 2_2016_03_15_contorna 1
Lugo 2_2016_03_15_detalle 5

Praza Maior, Lugo.

Palco octogonal situado na parte baixa da Praza Maior da cidade de Lugo.

Componse dun basamento de pedra, pés dereitos de fundición que rematan en ménsula cara o aleiro e que se unen con trabe de coroación ornamentada.

A cuberta campaniforme ou de influencia francesa amansardada, cúbrese con cinc, ten teito de madeira pintado en branco polo interior con zonas planas
e zonas inclinadas, do que colgan de xeito perimetral as lámpadas para a iluminación.

Ten unha escaleira de dobre tramo para o acceso, respiradeiros laterais do espazo inferior da base e unha porta de acceso a este camuflado coa cantería.

O seu estado de conservación é bo.

Descoñécese se se usa.

Parque de Rosalía de Castro. Lugo.

Lugo_2016_03_15_xeral 1
Lugo_2016_03_15_contorna 2
Lugo_2016_03_15_detalle 1

Lugo, Lugo, Parque de Rosalía de Castro.

Palco de base circular situado no Parque Rosalía de Castro da cidade de Lugo, no barrio de Recatelo. Ocupa dentro do parque un espazo propio, centrado no mesmo e rodeado de paseos e arborado.

Composto dun basamento que se presenta enfuscado en diversos tratamentos e pintado. Sobresaen oito contrafortes dos que nacen na altura da varanda outros tantos pés para o arranque das columnas de fundición que soportan a cuberta que si ten base octogonal. A cuberta atópase a medio camiño entre ser piramidal ou pola pendente variable case unha pagoda, con cubrición de pizarra e tella nas limas. A varanda é de fundición, así coma a trabe de coroación decorada. Destacan o teito de madeira e a iluminación, central e perimetral.

O seu estado de conservación é bo.

Descoñécese se se usa.