Bolaño, Castroverde, Lugo.
Palco octogonal situado na parroquia de Bolaño no concello lugués de Castroverde, na contorna da ponte pola que se chega ao núcleo.
Sitúase nunha encrucillada acaroado a un muro, dende o que se accede.
Ten base maciza de cachotería de pedra, con pés dereitos de forxa para o apoio da cuberta que é de pizarra con teito de madeira pintado en branco, ten unha decoración perimetral a xeito de bandeirolas feita tamén con madeira.
O pirindolo é de pedra. As defensas son de forxa.
Úsase nas festas por grupos de gaiteiros, segundo nos informa o colaborador.